Henri van Schaik
Henri Louis Marie van Schaik, nado en Delft o 24 de xullo de 1899 e finado en Cavendish ( Estados Unidos ) o 19 de agosto de 1991, foi un xinete, instrutor de equitación e militar neerlandés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1899 ![]() Delft, Países Baixos ![]() |
Morte | 19 de agosto de 1991 ![]() Vermont, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xinete ![]() |
Deporte | turfe (pt) ![]() ![]() |
Participou en | |
1936 | Xogos Olímpicos de 1936 ![]() |
Traxectoria
editarEra primo do ministro Josef van Schaik. Estudou dereito e filosofía na Universidade de Leiden e en París e Viena. En 1930 logrou o doutoramento en filosofía do dereito en Leiden. Van Schaik era tenente ne reserva da cabalería. O 5 de agosto de 1935 casou con W.D. Mattison, filla dun avogado norteamericano [1]. Van Schaik participou na competición de salto coa selección neerlandesa nos Xogos Olímpicos de 1936 e xunto con Jan de Bruine e Johan Greter gañou a medalla de prata co seu cabalo Santa Bell, ademais ndividualmente acabou no vixésimo terceiro posto.
Ao comezo da segunda guerra mundial exerceu como capitán asistente no 5º rexemento de húsares. Foi membro da fascista Fronte Nacional, e dende febreiro de 1941 o seu líder en Zuid-Holland [2] ata a prohibición dos partidos, agás o nazi NSB, polas autoridades alemás de ocupación en decembro de 1941. En 1953[3][4] emigrou coa súa familia aos Estados Unidos e estableceu en Vermont unha academia de equitación. Publicou en 1986 o libro Misconceptions and Simple Truths in Dressage[5].
Notas
editar- ↑ Leewarder Courant, 6 de agosto de 1935
- ↑ Nederlandsch dagblad : orgaan van het Nationaal Front, 31 de xaneiro de 1941
- ↑ "Cavendish Women You Should Know: Mary Mattison van Schaik" Cavendih Historical Society News, 28 de marzo de 2018
- ↑ Mary Mattison van Schaik "Highlights of the Season in Vermont" .The Daffodil Journal, setembro de 1974
- ↑ "Dr. Henri Louis Mari Van Schaik: To the Threshold of your Own Mind". Equine Journal, agosto de 2009