Abrir o menú principal

Henri Nonn nado en 1929 e falecido o 13 de setembro de 2017 foi un xeógrafo francés, que investigou o litoral galego desde un punto de vista xeomorfolóxico.

Henri Nonn
Nacemento1929
Ocupaciónxeógrafo
editar datos en Wikidata ]

Biografía académicaEditar

Nonn estudou na Universidade de Estrasburgo baixo a dirección do profesor Jean Tricart, que o orientou para o estudo da xeomorfoloxía galega. Durante dez anos, estudou as costas galegas, á par que publicaba estudos parciais que ía realizando, case sempre en solitario e, ás veces, en colaboración, que supuñan o desvelamento de aspectos da morfoloxía das terras galegas, especialmente litorais. Durante este tempo foi visitado por Tricart. En 1965 a súa obra, síntese sobre o litoral galego foi presentada como tese de Estado, e publicada no ano seguinte co título de "Les régions côtières de la Galice (Espagne): étude géomorphologique" ("As rexións costeiras de Galicia, España, estudo xeomorfolóxico), constituíndo un fito nos estudos de síntese sobre a fisiografía de Galicia.

Paralelamente realizou outros traballos de investigación, que se centraban sobre Estrasburgo, a súa cidade universitaria, e a rexión do leste francés. Converteuse en profesor da Universidade Louis Pasteur e do Centro de Xeografía Aplicada, ambos da mesma cidade, até a súa xubilación en 1990, aínda que despois dese ano seguría vencellado á universidade como profesor emérito.

Importancia do estudo de Nonn sobre a costa galegaEditar

A longa investigación de Nonn sobre a costa galega serviu para centrar o coñecemento sobre a orixe das rías, obxecto de controversia, e falta de estudos parciais profundos até entón. Nonn dividiu en tres tipos as rías de Galicia, consonte a súa orixe: a) vales fluviais inferiores alagados polo mar, como as pequenas rías das costas cantábricas; b) afundimentos provocados pola tectónica, como sería o caso das Rías Baixas en xeral; c) cubetas terciarias alteradas e inundadas (ría da Coruña, Arousa); d) en casos actuaron fenómenos mesturados (p.ex., na ría de Ferrol).

Publicacións (selección)Editar

Sobre GaliciaEditar

  • «Contribution à l'étude des plages anciennes de Galice (Espagne)», in Revue Géographique des Pyrénées e du Sud-Ouest (Toulouse), 1958, fasc. 3, páxs. 257-267.
  • Con J. Tricart, «Étude d'une formation périglaciaire ancienne en Galice (Espagne)», in Bulletin de la Société Géologique de France, 1960, 2 (1), série 7, páxs. 41-44.
  • Con J. Medus, «Primeros resultados de estudios geomorfológicos y palimnológicos referentes a la cuenca de Puentes de García Rodríguez», Coruña, España, in Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, 1963, nº 71, páxs. 87-94.
  • «Los sedimentos antiguos de la ría de Arosa: algunas conclusiones geomorfológicas», in Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, 1964 nº 74, páxs. 143-155.
  • Con L. Asensio Amor, «Los depósitos de terrazas del río Eo y de las márgenes de su ría (zona galaico-asturiana)», in Estudios Geográficos (Madrid), nom 96, páxs. 319-341.
  • «Presentación de algunos depósitos superficiales recientes en Galicia Occidental», in Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, 1967, nº 95, páxs. 89-105.
  • Les régions cotières de la Galice (Espagne): étude géomorfologique. 2 vols, París. Presses Universitaires de Strasbourg. 1966, 592 páxs, ISBN 10 2-86820-084-2 (reeditado en 1995).

Outras publicaciónsEditar

  • Strasbourg: des densités aux structures urbaines, 2 vols.. París. Presses Universitaires de Strasbourg. 1965, 190 páxs (reditada en 1995).
  • Les Vosges et la Lorraine. París. Larousse. 1973, 80 páxs.
  • L'Alsace. Paris. Larousse. 1973.
  • Géographie des littoraux. París. PUF. 1974, 255 páxs.
  • Les villes françaises: Strasbourg et sa communauté urbaine. París. La Documentation Française. 1982
  • Villes et aménagement régional en Alsace. París. La Documentation Française. 1999, 246 páxs.
  • L'aménagement du territoire en Europe occidentale. París. Ellipses marketing. 2001, 160 páxs.
  • L'Alsace et ses territoires. Presses Universitaires de Strasbourg. 2008.

BibliografíaEditar

  • Méndez, G. e Rey, D., Perspectivas históricas del conocimiento geológico de las rías gallegas, in Journal of Iberian Geology, 2000, vol. 26, páxs. 21-44 (hai edición dixital).
  • Pérez Alberti, A., Jean Tricart en el recuerdo, in Noticias Geográficas (Asociación de Geógrafos Españoles), nº 35, agosto de 2003, páxs. 11-12 (hai edición dixital).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar