Henri Fantin-Latour
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Henri Fantin-Latour, nado en Grenoble o 14 de xaneiro do 1836 e finado o 25 de agosto de 1904 no municipio de Buré, Baixa Normandía, era un pintor realista e litógrafo francés.
Henri Fantin-Latour | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ignace-Henri-Jean-Théodore Fantin-Latour |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1836 e 14 de xaneiro de 1836 |
Lugar de nacemento | Grenoble |
Falecemento | 25 de agosto de 1904 |
Lugar de falecemento | Buré |
Causa | Doenza de Lyme |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Francia |
Etnia | Pobo francés |
Alma máter | Escola Nacional Superior das Belas-Artes e Ecole Nationale Supérieure des Arts Décoratifs |
Ocupación | pintor, ilustrador botánico, litógrafo, artista gráfico e gravador |
Pai | Théodore Fantin-Latour |
Cónxuxe | Victoria Dubourg |
Coñecido por | A Leitura (Lyon), Estúdio em Batignolles e Esquina de mesa |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Formouse co seu pai, o tamén pintor Jean-Theodore Fantin-Latour, e máis tarde con Lecocq de Boisbaudran. Relacionouse cos máis importantes artistas da época. Traballou no taller de Courbet e foi amigo de Manet. Dedicou moitas das súas composicións alegóricas a Wagner, especialmente litografías. Nos retratos colectivos representa artistas coñecidos.
ObraEditar
A súa obra queda á marxe do impresionismo, contribúe ao romanticismo do século XIX, pero clasifícase pola súa técnica no realismo, aínda que utiliza a cor e os brillos de xeito máxico, alcanzando así un realismo lírico. A súa obra esta principalmente composta de retratos femininos, retratos colectivos, bodegóns. Ilustrouse co tema da música, sobre todo cos homenaxes a músicos como Wagner. Fantin-Latour tivo influencia sobre os simbolistas posteriores tal Odilon Redon.
Hai obras de Fantin-Latour nos museos de Thyssen-Bornemisza e no Palacio de Liria en Madrid, no Museo de Orsay en París).
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henri Fantin-Latour |