Hemúlidos

Haemulon sciurus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Familia: Haemulidae
Xéneros

ver artigo

Sinonimia

Pomadasyidae

Os Hemúlidos (Haemulidae) son unha familia de peixes principalmente mariños, incluída na orde dos Perciformes. Algunhas especies entran en estuarios e rara vez viven en auga doce. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Anteriormente, a familia designábase como Pomadasyidae.

Características editar

É característica a boca pequena, con labios grosos, con dentes na mandíbula pero, normalmente, non no vómer; con 2-6 poros amplos na barbilla ás veces seguidos dun suco. Algunhas especies poden chegar a alcanzar ata 60 cm de lonxitude.

Teñen unha aleta dorsal continua, con 9 a 14 espiñas e 11 a 26 radios brandos; a anal con 3 espiñas e 6-18 radios brandos.

Clasificación editar

Comprenden 19 xéneros e arredor de 150 especies:

  • Anisotremus
  • Boridia
  • Brachydeuterus
  • Conodon
  • Diagramma
  • Genyatremus
  • Haemulon
  • Haemulopsis
  • Hapalogenys
  • Isacia
  • Microlepidotus
  • Orthopristis
  • Parakuhlia
  • Parapristipoma
  • Plectorhinchus
  • Pomadasys
  • Xenichthys
  • Xenistius
  • Xenocys

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar