Helsinki Seagulls

Os Helsinki Seagulls son un equipo de baloncesto da cidade de Helsinqui, Finlandia. Dende a tempada 2014–15 compiten na máxima categoría do baloncesto finlandés, a Korisliiga, competición na que o seu maior logro foron as catro medallas de bronce conquistadas nas tempadas 2017, 2018, 2021 e 2022.

Helsinki Seagulls
Información xeral
Liga Korisliiga
Alcume Gulls
Fundación 2013
Cores           Dourado, azul mariño
Adestrador Finlandia Jussi Laakso
Localización
Cidade Finlandia Helsinqui, Finlandia
Pavillón Pavillón de Deportes de Töölö
Capacidade 2 000
Inauguración 1935
helsinkiseagulls.com