Heliodoro Rivas Rivas
xornalista español
Heliodoro Rivas Rivas, coñecido como Rivitas, nado en Vigo en 1884, foi un xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 (139/140 anos) Vigo, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Oficial maior do concello de Redondela, desempeñou o posto de Secretario nalgúns períodos. Vinculado á Sociedade de Agricultores La Progresiva de Chapela. Dirixiu os periódicos redondeláns La Opinión e Redención e foi correspondente de El Pueblo Gallego en Redondela. Presidiu a VI Asemblea Agraria (1915). Foi directivo do Centro Republicano Radical (1932) do que chegou a presidente en 1933, repetindo cargo en 1935. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde interino de Redondela polo Comandante Militar de Vigo o 21 de xullo. Cesou seis días despois, o 27 de xullo.
Predecesor: Serafín Dacosta Pazo |
Alcalde de Redondela 1936 |
Sucesor: Francisco Cunqueiro Montenegro |
Vida persoal editar
Casou con Ángela García.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. pp. 305–306. ISBN 84-8485-090-0.