Helene Amalie Krupp
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Helene Amalie Krupp, nada en 1732 e finada en 1810, pode ser considerada como cofundadora do imperio Krupp, que aínda hoxe sobrevive como Thyssen Krupp AG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1732 Essen, Alemaña |
Morte | 9 de maio de 1810 (77 anos) |
Actividade | |
Ocupación | empresaria |
Traxectoria
editarTras a morte do seu marido Friedrich Jodocus Krupp (1706-1757), do que herdara unha tenda de ultramarinos, converteuse nunha muller de negocios de éxito e aumentou o seu patrimonio mediante unha combinación de empresas comerciais e de produción. Isto serviu máis adiante ao seu neto Friedrich Krupp (1787-1826) para construír a súa primeira acería.
O pozo mineiro Helene-Amalie en Essen-Altendorf leva o seu nome.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |