Helena Resano

xornalista e presentadora de noticias navarra

María Helena Resano Lizaldre, máis coñecida como Helena Resano, nada o 9 de febreiro de 1974 en Pamplona, é unha xornalista e presentadora navarra.[1]

Helena Resano
Nome completoMaría Helena Resano Lizaldre
Nacemento9 de febreiro de 1974
LugarPamplona
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Navarra
ProfesiónXornalista e presentadora
Na rede
http://www.helenaresano.com/
IMDB: nm1533973 Twitter: helenaresano Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra. Iniciou a súa carreira como bolseira na emisora local de Cadena SER. Tras traballar en Pamplona Televisión, Radio Nacional de España e Telecinco, en 1999 incorporouse a Televisión Española no Canal 24 Horas.

Substituíu a Letizia Ortiz no Telediario Segunda Edición, presentándoo xunto a Alfredo Urdaci. Entre 2003 e 2006 presentou o Telediario de fin de semana xunto a David Cantero.

En marzo de 2006 ficha por laSexta, onde conduciu o espazo La actualidad en 2D e o programa de entrevistas e actualidade Sexto Sentido xunto a Mamen Mendizábal e Cristina Villanueva

En 2014 presentaba laSexta Noticias das 14:00.

Notas editar

  1. "Biografía de Helena en todotele.com". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 13 de setembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar