Helena Rasiowa

matemática polaca

Helena Rasiowa, nada en Viena o 20 de xuño de 1917 e finada en Varsovia o 9 de agosto de 1994, foi unha matemática polaca, que traballou nos fundamentos das matemáticas e na lóxica alxébrica.

Infotaula de personaHelena Rasiowa
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1917 Editar o valor em Wikidata
Viena (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1994 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Varsovia (Polonia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Powązki (pt) Traducir 52°15′07″N 20°58′22″L / 52.2519, 20.9728 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Varsovia (1938–1946)
Chopin University of Music (en) Traducir (–1938) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaAlgebraic Treatment of the Functional Calculi of Heyting and Lewis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1950 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseAndrzej Mostowski (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFundamentos da matemática (pt) Traducir e lógica algébrica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática , informática teórica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Varsovia (1946–1994) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJerzy Tiuryn (pt) Traducir, Boleslaw Szymanski, Andrzej Salwicki (en) Traducir, Michael N. Bleicher (en) Traducir, Ewa Orłowska (pt) Traducir, Cecylia Rauszer, Grażyna Mirkowska-Salwicka, Wiktor Bartol (en) Traducir, Halina Przymusinska (en) Traducir, Dimiter Vakarelov (pt) Traducir, Leszek Rudak (en) Traducir e Anita Wasilewska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Rasiowa naceu en Viena o 20 de xuño de 1917 de pais polacos. Cando Polonia recuperou a súa independencia en 1918, a familia estableceuse en Varsovia. O pai de Rasiowa era especialista en ferrocarrís. Ela demostrou moitas habilidades e intereses, dende a música aos negocios, e especialmente as matemáticas.

En 1938, o momento non era o axeitado para entrar na universidade e Rasiowa tivo que interromper os seus estudos, xa que non era posibles a educación legal en Polonia a partir de 1939. Moitas persoas fuxiron das grandes cidades do país, que eran obxecto de bombardeos alemáns. A familia de Rasiowa tamén marchou, e como a maioría dos altos cargos da administración e membros do goberno foron evacuados a Romanía. A familia pasou un ano en Lviv. Trala invasión soviética en setembro de 1939, a cidade foi tomada pola Unión Soviética. As vidas de moitos polacos puxéronse en perigo, así que o pai de Rasiowa decidiu volver a Varsovia.

Desenvolvemento académico editar

Rasiowa foi moi influenciada polos lóxicos polacos. Escribiu a súa tese de doutoramento baixo a supervisión de Jan Łukasiewicz e Bolesław Sobociński. En 1944, estalou o alzamento de Varsovia e a cidade foi destruída case completamente. A tese de Rasiowa foi queimada coa casa. Ela sobreviviu xunto coa súa nai nunha adega cuberta polas ruínas do edificio destruído.

Trala guerra, os matemáticos polacos comezaron a recuperar as súas institucións e as súas persoas. Os que permaneceron consideraron o seu deber reconstruír as universidades polacas e a comunidade científica. Unha das máis importantes condicións para esta reconstrución era xuntar todos aqueles que podían participar en recrear as matemáticas. Mentres tanto, Rasiowa aceptara un posto de profesora nunha escola secundaria. Alí coñeceu a Andrzej Mostowski e volveu á universidade. Reescribiu a súa tese en 1945 e o ano seguinte comezou a súa carreira académica como axudante na universidade de Varsovia, institución á que permaneceu ligada o resto da súa vida.

Na universidade preparou e defendeu a súa tese Algebraic Treatment of the Functional Calculi of Lewis and Heyting en 1950 baixo a dirección do profesor Andrzej Mostowski. Esta tese sobre lóxica alxébrica iniciou a súa contribución á escola de lóxica de Lviv-Varsovia. En 1956, logrou o seu segundo grao académico, doktor nauk (equivalente á habilitación) no Instituto de Matemáticas da Academia Polaca de Ciencias, onde entre 1954 e 1957 tivo un posto de profesora asociada, converténdose en profesora en 1957 e en profesora plena en 1967. Para o grao presentou dous artigos, Algebraic Models of Axiomatic Theories e Constructive Theories, que xuntos formaron a tese chamada Algebraic Models of Elementary Theories and their Applications.

Obras editar

  • The Mathematics of Metamathematics (1963, con Roman Sikorski)
  • An Algebraic Approach to Non-Classical Logics (1974)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar