Helena Maria Pereira Gonçalves Marques, coñecida como Helena Marques, nada en Carcavelos (Portugal) o 17 de maio de 1935, é unha xornalista e escritora portuguesa.[1][2]

Infotaula de personaHelena Marques
Biografía
Nacemento17 de maio de 1935 Editar o valor em Wikidata
Carcavelos, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 2020 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi de nena para a Madeira de onde seus pais eran orixinarios. Exerceu o xornalismo durante 36 anos, iniciando a súa carreira no Diário de Notícias do Funchal e terminouna no Diário de Notícias de Lisboa (onde residiu desde 1971), no que foi directora adxunta desde 1986 a 1992. Tamén foi redactora doutros diarios, como A Capital, Jornal do Comércio, República e A Luta.[3] Formou parte da Casa da Imprensa e do Sindicato dos Jornalistas.

A súa obra está traducida a alemán, italiano, castelán, grego, romanés e búlgaro.[4]

A obra que a deu a coñecer, O último cais, foi un grande éxito e relata as historias de varias personaxes dalgunhas familias madeirenses, decorre maioritariamente no Funchal durante o século XIX.[5] As súas novelas buscan a identidade da muller portuguesa a través do tempo e do espazo, comezam no século XIX e van até o século XXI.[6]

Obras editar

Premios editar

O Último Cais recibiu os premios:[4]

  • Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores
  • Prémio Revista Ler/Círculo de Leitores
  • Prémio Máxima de Revelação
  • Prémio Procópio de Literatura
  • Prémio Bordallo de Literatura da Casa da Imprensa

En 1986 foi Prémio Jornalista do Ano da revista Mulheres

Notas editar

  1. Infopédia. "Helena Marques - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-04-01. 
  2. www.jr-webdesign.de, jr webdesign (D-57319 Bad Berleburg)-. "Helena Marques: Berleburger Literaturpflaster". www.literaturpflaster.com (en alemán). Consultado o 2020-04-02. 
  3. "Gazetas 2013" (PDF). www.clubedejornalistas.pt (en portugués). 
  4. 4,0 4,1 "Helena Marques.Wook". www.wook.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-01. 
  5. "O último cais" (en portugués). 2019-08-11. 
  6. Rector, Monica (2004-10-21). "O ciclo de vida e morte em Helena Marques". Scripta (en portugués) 8 (15): 92–105. ISSN 2358-3428.