Helena Juntunen, nada en Kiiminki (Oulu) o 9 de marzo de 1976[2], é unha soprano finesa.

Helena Juntunen
Nome completoHelena Maria Juntunen
Data nacemento9 de marzo de 1976
Nado enOulu
Ocupacióncantante de ópera, música e intérprete
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozSoprano
Tempo en activo2002 — actualidade.[1]
Na rede
http://helenajuntunen.com/
IMDB: nm4673587 Facebook: helena.juntunen.5 Musicbrainz: c0912f59-221b-4b2d-b1b4-985218058699 Discogs: 2586343 Allmusic: mn0001673705 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Helena Juntunen naceu na pequena localidade de Kiiminki (daquela un concello independente e actualmente integrado no concello de Oulu). Aos 15 anos comezou os seus estudos no Conservatorio de Oulu, onde estudou con Airi Tokola. En 1996 ingresou na Sibelius-Akatemia de Helsinqui, onde se graduou tras estudar con Anita Välkki.[1] Entre os seus mestres destacan Anita Välkki, Jeffrey Goldberg, Renata Scotto e Hartmut Höll.[3]

En 2002 gañou o Lappeenrannan valtakunnalliset laulukilpailut (Concurso Nacional de Canto de Lappeenranta), e ese mesmo ano cantou o papel de Marguerite en Faust de Gounod durante o Savonlinnan Oopperajuhlat (Festival de Ópera de Savonlinna), o que se pode considerar como o inicio da súa carreira solista profesional. Logo de ter debutado na tempada 2003-04 na Connecticut Opera e en Xénova encarnando a Marguerite (Faust, Gounod) e a Madame Coretese (Il viaggio a Reims, Rossini), realizou o seu debut na Sächsische Staatsoper de Dresden encarnando a Pamina en Die Zauberflöte de Mozart. Tamén en 2003 ofreceu o seu primeiro concerto no Carnegie Hall de Nova York e posteriormente en Toquio. En 2006 debutou no Wiener Festwochen co papel de Pamina (Die Zauberflöte, Mozart).[1]

O verán de 2008 destacou pola súa interpretación do papel protagonista da nova ópera de Veli-Matti Puumala, Anna Liisa. Na tempada 2008-09 interpretou o papel de Liisa na ópera de Leevi Madetoja Pohjalaisia na Suomen Kansallisooppera, coa que colabora dende 1999.[1]

Ten cantado coa maioría das grandes orquestras finlandesas e algúns dos directores máis destacados do seu país como Esa-Pekka Salonen, Jukka-Pekka Saraste, Leif Segerstam, Mikko Franck ou Osmo Vänskä.[3]

Premios editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Helena Juntunen Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. en www.festium.fi[Ligazón morta] (en inglés) (en finés)
  2. Matti Haapakoski; et al. (2002). Werner Söderström Osakeyhtiö, ed. Suomen musiikin historia - Esittävä säveltaide. pp. 398–401. ISBN 951-0-23564-4. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 BBC Cardiff Singer of the World. Finland: Helena Juntunen
  4. Helena Juntunen, en Málaga en El País

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar