Helena Anxelina Ducaina

Helena Anxelina Ducaina (na súa lingua materna, Ελένη Αγγελίνα Κομνηνή Δούκαινα) tamén coñecida como Helena de Epiro, nada en 1242 e finada en Nocera Inferiore en 1271, foi a segunda esposa e raíña consorte de Manfredo de Sicilia.

Infotaula de personaHelena Anxelina Ducaina
Nome orixinal(el) Ελένη Αγγελίνα Κομνηνή Δούκαινα Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1242 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte14 de marzo de 1271 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Nocera Inferiore (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRainha consorte de Sicília (pt) Traducir (1259–1266) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Comneno Ducas Editar o valor em Wikidata
CónxuxeManfredo de Hohenstaufen Editar o valor em Wikidata
FillosBeatriz da Sicília (1260–1307) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMiguel II Comneno Ducas Editar o valor em Wikidata  e Teodora Petralifaina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAna Comnena Ducaina (pt) Traducir, Nicéforo I Comneno Ducas, João I Ducas (pt) Traducir e Demétrio Ducas Comneno Coutrole (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Αγγελίνα_Δούκαινα-1

Traxectoria editar

Familia editar

Filla de Miguel II Ducas, gobernante do Despotado de Epiro, e de Teodora Petralifaina. Nalgunhas fontes o seu pai aparece designado como Miguel Angelo. Foi irmá de Nicéforo I Ducas, que sucedeu a seu pai no Despotado do Epiro, e media irmá por parte de pai de Xoán I Ducas,[1] gobernante de Tesalia. O seu avó paterno foi Miguel I Ducas, fillo ilexítimo de Xoán Ducas, quen foi o fillo máis vello de Constantino, o sétimo fillo do emperador bizantino Alessio I Comneno e Irene Ducas.

Matrimonio editar

 
Despotado de Epiro entre 1252 e 1315

Con dezasete anos, por mor duns acordos diplomáticos de seu pai, casou con Manfredo tras a morte da súa primeira esposa Beatriz de Savoia en 1257, subindo ao trono o 10 de agosto de 1258.

Manfredo era rexente do Reino de Sicilia desde 1254, reinando en nome do seu sobriño Conradino. Miguel II perdera a cidade de Durrës ante Teodoro II Láscaris do Imperio de Nicea en 1256. Manfredo reconquistou a cidade e os seus arredores dous anos máis tarde. Miguel II tiña aínda unha demanda territorial na cidade pero preparábase daquela para cercar Tesalónica.

A súa unión foi pensada para manter paz entre Epiro e Sicilia posto que Miguel II e Manfredo tiñan outras preocupacións máis perentorias. O seu dote incluíu todos os dereitos sobre Durrës (conquistada en 1256) e os seus arredores, xunto coa illa de Corfú. Corfú foi o único aumento territorial real para Manfredo. Non se tratou tan só dunha unión dinástica senón dunha alianza entre os dous reinos

Helena e Manfredo tiveron cinco fillos:

  • Beatriz de Sicilia (1258 - antes de 1307).
  • Federico de Sicilia (1259 - última mención en vida en 1312).
  • Henrique de Sicilia (1260 - 31 de outubro de 1318).
  • Enzio de Sicilia (1261 - 1301).
  • Flordelis de Sicilia (1266 - última mención en vida en 1297).

O 26 de febreiro de 1266 Manfredo morreu na batalla de Benevento mentres loitaba contra o seu rival e sucesor Carlos de Anjou. Helena, xunto cos seus fillos e a súa cuñada Constanza Augusta, foron capturados e encarcerados por orde de Carlos pois nunha reuniñon habida, en xullo e agosto de 1266, co rei de Nápoles, este pretendía saber onde se atopaba a amante de Conrado IV, Antoinette de Marrone e o fillo bastardo do Emperador, mais Helena non respondeu. Daquela, foi encarcerada no castelo do Parque de Nuceria Christianorum, hoxe Nocera Inferiore, onde morreu tras cinco anos de cativerio.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.
  • John V.A. Fine Jr., The Latexa Medieval Balkans, Ann Arbor, 1987.
  • D.I. Polemis, The Doukai, Londres, 1968.
  1. Xoán adoptara o apelido da súa avóa materna.