Helen Wills

tenista profesional estadounidense

Helen Newington Wills, nada en Centerville (California) o 6 de outubro de 1905 e finada en Carmel o 1 de xaneiro de 1998, tamén coñecida como Helen Wills Moody e Helen Wills Roark, foi unha xogadora de tenis estadounidense. Fíxose célebre no mundo por liderar a clasificación feminina durante un total de nove anos: 1927–33, 1935 e 1938.[1] Gañou 31 torneos de Grand Slam (individuais, dobres femininos e dobres mixtos) durante a súa carreira.

Helen Wills
Nome completoHelen Newington Wills
Nacemento6 de outubro de 1905
Lugar de nacementoFremont
Falecemento1 de xaneiro de 1998
Lugar de falecementoCarmel-by-the-Sea
Soterradamar
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de California en Berkeley e Head-Royce School
Ocupacióntenista, escritora, autobiógrafa, poeta e novelista
CónxuxeFrederick Moody, Jr. e Aidan Roark
PremiosInternational Tennis Hall of Fame, Women's Collegiate Tennis Hall of Fame e Associated Press Athlete of the Year
Na rede
IMDB: nm2304339 Olympic.org: helen-wills WikiTree: Wills-4697 Find a Grave: 2250 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wills foi a primeira muller deportista estadounidense que logrou unha celebridade global, trabando amizade coa realeza e con estrelas de cinema a pesar da súa preferencia por permanecer fóra dos focos. Foi admirada polo seu físico grácil e os seus movementos fluídos. Formou parte dunha nova moda do tenis, xogando con saias polo xeonllo en lugar das máis longas das súas predecesoras. Practicou contra varóns para perfeccionar a súa habilidade, e xogou un tenis incansable, desgastando as súas opoñentes con poder e precisión. En 1933 bateu o xogador estadounidense número oito nun partido de exhibición.

A súa marca de oito vitorias en Wimbledon non foi superado ata que en 1990 Martina Navratilova gañou nove. Díxose dela que foi "sen discusión a xogadora de tenis máis dominante do século XX",[2] e foi chamada por algúns (incluídos Jack Kramer, Harry Hopman, Mercer Beasley, Don Budge e AP News) a mellor xogadora de tenis da historia.[3][4][5]

Finais de Grand Slam Editar

Individuais: 22 (19 títulos, 3 finalistas) Editar

Resultado Ano Torneo Superficie Opoñente Marcador Ref.
Finalista 1922 Aberto dos Estados Unidos Herba   Molla Bjurstedt Mallory 3–6, 1–6 [6]
Gañadora 1923 Aberto dos Estados Unidos Herba   Molla Bjurstedt Mallory 6–2, 6–1 [6]
Finalista 1924 Wimbledon Herba   Kitty McKane 6–4, 4–6, 4–6 [7]
Gañadora 1924 Aberto dos Estados Unidos (2) Herba   Molla Bjurstedt Mallory 6–1, 6–3 [6]
Gañadora 1925 Aberto dos Estados Unidos (3) Herba   Kitty McKane 3–6, 6–0, 6–2 [6]
Gañadora 1927 Wimbledon Herba   Lilí Álvarez || 6–2, 6–4||[7]
Gañadora 1927 Aberto dos Estados Unidos (4) Herba   Betty Nuthall 6–1, 6–4 [6]
Gañadora 1928 Torneo de Roland Garros Terra   Eileen Bennett 6–1, 6–2
Gañadora 1928 Wimbledon (2) Herba   Lilí Álvarez ||6–2, 6–3||[7]
Gañadora 1928 Aberto dos Estados Unidos (5) Herba   Helen Jacobs 6–2, 6–1 [6]
Gañadora 1929 Torneo de Roland Garros (2) Terra   Simonne Mathieu 6–3, 6–4
Gañadora 1929 Wimbledon (3) Herba   Helen Jacobs 6–1, 6–2 [7]
Gañadora 1929 Aberto dos Estados Unidos (6) Herba   Phoebe Holcroft Watson 6–4, 6–2 [6]
Gañadora 1930 Torneo de Roland Garros (3) Terra   Helen Jacobs 6–2, 6–1
Gañadora 1930 Wimbledon (4) Herba   Elizabeth Ryan 6–2, 6–2 [7]
Gañadora 1931 Aberto dos Estados Unidos (7) Herba   Eileen Bennett Whittingstall 6–4, 6–1 [6]
Gañadora 1932 Torneo de Roland Garros (4) Terra   Simonne Mathieu 7–5, 6–1
Gañadora 1932 Wimbledon (5) Herba   Helen Jacobs 6–3, 6–1 [7]
Gañadora 1933 Wimbledon (6) Herba   Dorothy Round 6–4, 6–8, 6–3 [7]
Finalista 1933 Aberto dos Estados Unidos Herba   Helen Jacobs 6–8, 6–3, 0–3, retired [6]
Gañadora 1935 Wimbledon (7) Herba   Helen Jacobs 6–3, 3–6, 7–5 [7]
Gañadora 1938 Wimbledon (8) Herba   Helen Jacobs 6–4, 6–0 [7]

Dobres: 10 (9 títulos, 1 finalista) Editar

Resultado Ano Torneo Superficie Parella Opoñentes Marcador Ref.
Gañadora 1922 Aberto dos Estados Unidos Herba   Marion Zinderstein Jessup   Molla Bjurstedt Mallory
  Edith Sigourney
6–4, 7–9, 6–3 [8]
Gañadora 1924 Wimbledon Herba   Hazel Hotchkiss Wightman   Phyllis Howkins Covell
  Kitty McKane
6–4, 6–4 [9]
Gañadora 1924 Aberto dos Estados Unidos (2) Herba   Hazel Hotchkiss Wightman   Eleanor Goss
  Marion Zinderstein Jessup
6–4, 6–3 [8]
Gañadora 1925 Aberto dos Estados Unidos (3) Herba   Mary Browne   May Sutton Bundy
  Elizabeth Ryan
6–4, 6–3 [8]
Gañadora 1927 Wimbledon (2) Herba   Elizabeth Ryan   Bobbie Heine
  Irene Peacock
6–3, 6–2 [9]
Gañadora 1928 Aberto dos Estados Unidos (4) Herba   Hazel Hotchkiss Wightman   Edith Cross
  Anna McCune Harper
6–2, 6–2 [8]
Gañadora 1930 Torneo de Roland Garros Terra   Elizabeth Ryan   Simone Barbier
  Simonne Mathieu
6–3, 6–1
Gañadora 1930 Wimbledon (3) Herba   Elizabeth Ryan   Edith Cross
  Sarah Palfrey
6–2, 9–7 [9]
Gañadora 1932 Torneo de Roland Garros (2) Terra   Elizabeth Ryan   Eileen Bennett Whittingstall
  Betty Nuthall
6–1, 6–3
Finalista 1933 Aberto dos Estados Unidos Herba   Elizabeth Ryan   Freda James
  Betty Nuthall
default [8]

Dobres mixtos: 7 (3 títulos, 4 finalistas) Editar

Resultado Ano Torneo Superficie Parella Opoñentes Marcador Ref.
Finalista 1922 Aberto dos Estados Unidos Herba   Howard Kinsey   Mary Browne
  Bill Tilden
4–6, 3–6 [10]
Gañadora 1924 Aberto dos Estados Unidos Herba   Vincent Richards   Molla Bjurstedt Mallory
  Bill Tilden
6–8, 7–5, 6–0 [10]
Finalista 1928 Torneo de Roland Garros Terra   Frank Hunter   Eileen Bennett
  Henri Cochet
6–3, 3–6, 3–6
Gañadora 1928 Aberto dos Estados Unidos (2) Herba   John Hawkes   Edith Cross
  Edgar Moon
6–1, 6–3 [10]
Finalista 1929 Torneo de Roland Garros Terra   Frank Hunter   Eileen Bennett
  Henri Cochet
3–6, 2–6
Gañadora 1929 Wimbledon Herba   Frank Hunter   Joan Fry
  Ian Collins
6–1, 6–4 [11]
Finalista 1932 Torneo de Roland Garros Terra   Sidney Wood   Betty Nuthall
  Fred Perry
4–6, 2–6

Xogos olímpicos Editar

Individuais: 1 (1 medalla de ouro) Editar

Resultado Ano Campionato Superficie Opeñente Marcador
Ouro 1924 Xogos Olímpicos de París Herba   Julie Vlasto 6–2, 6–2

Dobres: 1 (1 medalla de ouro) Editar

Resultado Ano Torneo Superficie Parella Opoñentes Marcador
Ouro 1924 Xogos Olímpicos de París Herba   Hazel Wightman   Phyllis Covell
  Kathleen McKane
7–5, 8–6

Notas Editar

  1. Collins, Bud (2008). The Bud Collins History of Tennis: An Authoritative Encyclopedia and Record Book. Nova York, N.Y: New Chapter Press. pp. 695, 701–2. ISBN 0-942257-41-3. 
  2. Finn, Robin (3 de xaneiro de 1998). "Helen Wills Moody, Dominant Champion Who Won 8 Wimbledon Titles, Dies at 92". New York Times. Consultado o 6 de xullo de 2008. 
  3. Kramer, Jack (1979). The Game: My 40 Years in Tennis. G.P. Putnam's Sons. pp. 89–95. 
  4. "Bill Tilden, Helen Wills Moody Still Head All-Time Net Parade". The Provo Daily Herald. 28 de xaneiro de 1953. p. 7. Consultado o 1 de xaneiro de 2017 – vía Newspapers.com. 
  5. Fein, Paul (abril de 2006). "Who is the greatest female player ever?". Inside Tennis. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2011. Consultado o 1 de xaneiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 "US Open Past Champions / Women's Singles". US Open official website. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2015. Consultado o 2015-10-07. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 7,8 "Wimbledon Rolls of Honour / Ladie's Singles". Wimbledon official tournament website. Consultado o 7 de outubro de 2015. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 "US Open Past Champions – Women's Doubles". www.usopen.org. USTA. Consultado o 2017-01-01. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Wimbledon Rolls of Honour – Ladies' Doubles". www.wimbledon.com. AELTC. Consultado o 2017-01-01. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "US Open Past Champions – Mixed Doubles". www.usopen.org. USTA. Consultado o 1 de xaneiro de 2017. 
  11. "Wimbledon Rolls of Honour – Mixed Doubles". www.wimbledon.com. AELTC. Consultado o 1 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar