Helen Dick Megaw, nada en Dublín o 1 de xuño de 1907 e finada en Ballycastle o 26 de febreiro de 2002[1], foi unha mineraloxista irlandesa que contribuíu ao desenvolvemento da cristalografía de raios X[2], técnica que utilizou para estudar os cristais de xeo e determinar a estrutura da perovskita. O seu libro Ferroelectricity in Crystals sobre o fenómeno da ferroelectricidade foi durante moito tempo a principal obra de referencia sobre ese tema.[1][2]

Infotaula de personaHelen Dick Megaw
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1907
Dublín, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Morte26 de febreiro de 2002
Ballycastle, Reino Unido
Datos persoais
País de nacionalidade Irlandesa
EducaciónUniversidade Queen's de Belfast, Girton College (Cambridge)
Tese académica1934
Director de teseJohn Desmond Bernal
Coñecido porDeterminación da estrutura dos cristais de xeo e da perovskita
Actividade
Campo de traballoCristalografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica , cristalógrafa Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Londres Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaiRobert Megaw (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Medalla Roebling da Sociedad Mineralógica Americana

Traxectoria editar

Helen Megaw naceu en Dublín no seo dunha familia influente. O seu pai, Robert Dick Megaw, avogado e político, foi xuíz do Tribunal Supremo de Irlanda do Norte.[2] Megaw asistiu á escola en Dublín e en Brighton.[3] Estudou na Universidade da Raíña de Belfast durante un ano e en 1926 trasladouse a Girton College (Cambridge) para estudar Ciencias naturais. Tras graduarse en 1930, iniciou os estudos de doutoramento na Universidade de Cambridge.[4] O seu supervisor John Bernal, un dos primeiros investigadores en recoñecer o potencial da cristalografía de raios X para o estudo de compostos químicos, iniciou a Megaw neste campo[2], onde a investigadora realizou as súas contribucións científicas máis notables, como o estudo de diferentes tipos de cristais de xeo, levado a cabo durante o seu doutoramento. Xunto con Bernal, tamén investigou os enlaces de hidróxeno en hidróxidos metálicos, traballo que recibiu moita atención.[5]

Megaw obtivo o título de doutor en 1934. Entre 1935 e 1937 proseguiu o seu traballo de investigación en Viena e Oxford. Desde 1937 até 1943 traballou como profesora de escola. En 1943 conseguiu un emprego en Philips Lamps Ltd, situada en Mitcham, onde investigou o titanato de bario (BaTiO3), un composto ferroeléctrico de grande interese para a industria electrónica. Megaw determinou a estrutura cristalina do material e descubriu que era do mesmo tipo que as perovskitas, chegando a converterse nunha dos principais expertos nestes minerais.[2] En 1945, obtivo un posto como investigadora no Laboratorio Cristalográfico de Birkbeck College.[3] Ao cabo dun ano regresou a Cambridge como profesora na súa alma máter, Girton College, e continuou a súa carreira científica nos Laboratorios Cavendish, investigando materiais ferroeléctricos e os feldespatos[4]. Ademais do seu labor como investigadora e educadora, Megaw foi participante activa da asociación Third Foundation, responsable da fundación en 1954 do terceiro colexio para mulleres de Cambridge e formou parte da dirección do colexio até 1972.[4]

Obra editar

Ademais de varios artigos científicos,[5] Megaw escribiu Ferroelectricity in Crystals, publicado pola editorial Methuen en 1957, unha obra innovadora e a primeira do seu tipo,[2] e Crystal Structures: a Working Approach, publicada por W.B. Saunders Co en 1973.[4] Doou varios dos diagramas das estruturas de cristais que estudaba ao Consello de Deseño Industrial, que os empregou no deseño de diversos obxectos, entre eles un xogo de té exhibido no Festival de Gran Bretaña de 1951.[2]

Premios e recoñecementos editar

O Comité Antarctic Place-names do Reino Unido (UK-APC) nomeou na súa honra a illa Megaw, parte das Illas Bennet da Antártida en recoñecemento ao seu estudo dos cristais de xeo.[6]. Tamén leva o seu nome a megawita (CaSnO3), un tipo de perovskita.[7]

Megaw foi a primeira muller en recibir a Medalla Roebling da Sociedade Mineralóxica Americana. Obtivo dous doutoramentos honoris causa da Universidade de Cambridge e da Universidade da Raíña de Belfast respectivamente.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Glazer, A. M. "Megaw, Helen Dick (1907–2002)". Oxford Dictionary of National Biography. doi:10.1093/ref:odnb/76773. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Helen Dick Megaw (1907 - 2002): Mineralogist". The Dictionary of Ulster Biography. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Broader Impacts of Women in Crystallography". doi:10.1021/acs.cgd.5b00457. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Personal papers of Helen Megaw
  5. 5,0 5,1 "Helen D. Megaw". CWP and Regents of the University of California. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  6. National Geospatial-Intelligence Agency. "Megaw Island: Antarctica". Geographical names. Arquivado dende o orixinal o 9 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  7. "Megawite, CaSnO3: a new perovskite-group mineral from skarns of the Upper Chegem caldera, Kabardino-Balkaria, Northern Caucasus, Russia". Mineralogical Magazine 75 (5). Outubro de 2011. doi:10.1180/minmag.2011.075.5.2563. Consultado o 2012-10-20. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar