Helen Frankenthaler

artista estadounidense

Helen Frankenthaler, nada en Nova York o 12 de decembro de 1928 e finada en Darien, Connecticut, o 27 de decembro de 2011, foi unha pintora expresionista abstracta estadounidense. Foi unha das principais contribuíntes á historia da pintura estadounidense de posguerra. Despois de expoñer o seu traballo durante máis de seis décadas (desde principios da década de 1950 ata 2011), abrangue varias xeracións de pintores abstractos mentres continuou a producir novos traballos vitais e en constante cambio.[1] Frankenthaler comezou a expoñer as súas pinturas expresionistas abstractas a grande escala en museos e galerías contemporáneas a principios da década de 1950. Foi incluída na exposición Post-Painterly Abstraction de 1964 comisariada por Clement Greenberg que presentou unha nova xeración de pintura abstracta que chegou a ser coñecida como color field. Frankenthaler foi influenciada polas pinturas de Greenberg, Hans Hofmann e Jackson Pollock. O seu traballo foi obxecto de varias exposicións retrospectivas, incluída unha en 1989 no Museo de Arte Moderna da cidade de Nova York, e foi exposta en todo o mundo desde a década de 1950. En 2001, recibiu a Medalla Nacional das Artes.

Infotaula de personaHelen Frankenthaler
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte27 de decembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Darien, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMotherwell, Mrs. Robert Burns‏ Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir
Bennington College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArte abstracta Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York
París
Bennington
Darien (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngravadora , escultora , artista gráfica , pintora , deseñadora , litógrafo , debuxante arquitectónica Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor em Wikidata - 2011 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHunter College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte abstracta e Arte de paisaxes Editar o valor em Wikidata
MovementoExpresionismo abstracto e Color Field (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresRufino Tamayo (pt) Traducir, Paul Feeley (pt) Traducir e Hans Georg Albert Hofmann (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Participou en
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeStephen M. DuBrul Jr. (pt) Traducir (1994–2011)
Robert Motherwell (pt) Traducir (1958–1971) Editar o valor em Wikidata
PaiAlfred Frankenthaler (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGloria F. Ross (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: ab91fe32-ccfc-4d95-91ca-ff18f2dadf54 Discogs: 2353899 Editar o valor em Wikidata

Frankenthaler tiña unha casa e estudio en Darien, Connecticut.[2]

Traxectoria editar

Helen Frankenthaler naceu en Manhattan en 1928.[3] O seu pai era Alfred Frankenthaler, xuíz da Corte Suprema do Estado de Nova York.[3] A súa nai, Martha (Lowenstein), emigrara coa súa familia de Alemaña aos Estados Unidos pouco despois de nacer.[4] As súas dúas irmás, Marjorie e Gloria, eran seis e cinco anos máis vellas respectivamente. Crecendo no Upper East Side de Manhattan, Frankenthaler absorbeu os antecedentes privilexiados dunha familia intelectual xudía culta e progresista que animou as tres fillas a prepararse para carreiras profesionais. O seu sobriño foi o artista e fotógrafo Clifford Ross.[5]

Frankenthaler estudou na Dalton School co muralista Rufino Tamayo e tamén no Bennington College de Vermont.[3] Mentres estaba no Bennington College, Frankenthaler estudou baixo a dirección de Paul Feeley, a quen se atribúe que a axudou a comprender a composición pictórica, ademais de influír no seu primeiro estilo derivado do cubismo.[6] Trala súa graduación en 1949, estudou en privado co pintor australiano Wallace Harrison,[7] e con Hans Hofmann en 1950.[8][9] Coñeceu a Clement Greenberg en 1950 e mantivo unha relación de cinco anos con el.[4] Máis tarde casou con Robert Motherwell, outro pintor, en 1958; a parella divorciouse en 1971.[10] Os dous naceran de pais ricos, eran coñecidos como "a parella de ouro" e célebres polo seu fastuoso entretemento.[4] Motherwell tiña xa dúas fillas, Jeannie e Lise Motherwell.[4] Jeannie Motherwell estudou pintura no Bard College e na Art Students League de Nova York.

En 1994, Frankenthaler casou con Stephen M. DuBrul, Jr., un banqueiro de investimento que serviu na administración de Gerald Ford.[4] Frankenthaler foi membro do claustro do Hunter College.

Frankenthaler faleceu o 27 de decembro de 2011 aos 83 anos de idade en Darien, Connecticut, tras unha longa enfermidade non revelada.[4]

Exposicións editar

A primeira exposición de Frankenthaler en solitario tivo lugar na Tibor de Nagy Gallery de Nova York no outono de 1951. A súa primeira grande exposición nun museo, unha retrospectiva da súa obra da década de 1950, con catálogo do crítico e poeta Frank O'Hara, curador do Museum of Modern Art, foi no Museo Xudeu de Nova York en 1960. Outras exposicións en solitario foron "Helen Frankenthaler", do Whitney Museum of American Art, Nova York (1969; posteriormente tamén en Whitechapel Gallery, Londres; Orangerie Herrenhausen, Hanover; e Kongresshalle, Berlín), e "Helen Frankenthaler: a Painting Retrospective", de The Modern Art Museum of Fort Worth (1989–90; tamén no MOMA, Nova York; Los Angeles County Museum of Art; e Detroit Institute of Arts).[11] A Miles McEnery Gallery de Nova York que expuxo obras de color field e expresionismo abstracto, mostrou unha parte da súa obra en "Helen Frankenthaler" (2009-2010).[12][13]

En 2019 foi incluída en Sparkling Amazons: Abstract Expressionist Women of the 9th St. Show no Katonah Museum of Art de Westchester County, Nova York.[14] En 2021, unha década despois da súa morte, o New Britain Museum of American Art montou unha exposición da súa obra sobre papel titulada "Helen Frankenthaler; Late Works 1990 - 2003".[15]

Notas editar

  1. National Gallery of Art Arquivado 06 de abril de 2020 en Wayback Machine. Consultado o 17 de agosto de 2010
  2. "Helen Frankenthaler" Arquivado 2010-02-17 en Wayback Machine., en "Connecticut Women's Hall of Fame", consultado o 30 de xaneiro de 2010
  3. 3,0 3,1 3,2 "Helen Frankenthaler", Britannica, consultado o 24 de decembro de 2014.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Glueck, Grace (27 de decembro de 2011). "Helen Frankenthaler, Abstract Painter Who Shaped a Movement, Dies at 83". The New York Times. Consultado o 27 de decembro de 2011. 
  5. Grace Glueck, NY Times, 1998 consultado o 17 de agosto de 2010
  6. Babington, Jacklyn (2005). "Against the grain: the woodcuts of Helen Frankenthaler". Artonview 44: 22–27. 
  7. Wilkin, Karen. "Frankenthaler at the Guggenheim". The New Criterion. Consultado o 23 de outubro de 2015. 
  8. Brookeman, Christopher. "Frankenthaler, Helen". Oxford Art Online. Oxford University Press. 
  9. Tolley-Stokes, Rebecca. Frankenthaler, Helen, 1928-2011. Credo Reference (Encyclopedia of the Sixties: A Decade of Culture and Counterculture). 
  10. Belz, Carl. "Helen Frankenthaler". Jewish Women's Archive. Consultado o 27 de decembro de 2011. 
  11. "Painted on 21st Street - March 8 - April 13, 2013 - Gagosian Gallery". Gagosian Gallery. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  12. "Miles McEnery Gallery". Ocula. 18 de maio de 2021. 
  13. "Helen Frankenthaler". Miles McEnery Gallery. 
  14. http://artdaily.com/news/117349/Abstract-Expressionist-Women-of-the-9th-St--show-comes-to-the-Katonah-Museum-of-Art#.XZ9ZKCVlAc0
  15. "Helen Frankenthaler: Late Works, 1990–2003". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar