Helí Rolando Tella Cantos

militar galego

Helí Rolando Tella Cantos, nado en Gomeán (O Corgo) o 14 de setembro de 1888 e finado en Adai (O Corgo) o 9 de outubro de 1967,[1][2] foi un militar galego.

Helí Rolando Tella Cantos
Nome completoHelí Rolando de Tella y Cantos
Nacemento14 de setembro de 1888
Lugar de nacementoGomeán
Falecemento9 de outubro de 1967
Lugar de falecementoAdai
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar, spanish legionary e oficial
PremiosCruz Laureada de San Fernando e Medalla Militar
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

 
Pazo de Adai.

Fillo de Policarpo Tella Uz, labrego acomodado, e Mercedes Cantos Camacho, mestra, que finou en 1901.[3] Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1907, en 1910 obtivo o despacho de 2º tenente e foi destinado a Marrocos. Participou na Guerra do Rif onde conseguiu varias condecoracións: Medalla Militar Individual (1923) e Cruz Laureada de San Fernando (1925). Ascendido a Tenente Coronel, pertencía ao grupo dos militares africanistas.

Coa instauración da Segunda República Española, mostrou unha aberta hostilidade cara o régime. En 1932 secundou a Sanjurjada e foi desterrado a Villa Cisneros no Sáhara Español, de onde fuxiu. Amnistiado polo goberno Lerroux, mandou o primeiro terzo da Legión. Tivo que refuxiarse no Marrocos francés logo de pronunciar un discurso contra a República nun acto oficial. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe dunha das agrupacións da columna Madrid á ordes de Juan Yagüe. Participou na Batalla de Madrid, liderando os avances na fronte de Usera a as posteriores loitas na Cidade Universitaria. Nestes combates resultou ferido, quedando convalecente durante varios meses. O 17 de abril de 1938 foi ascendido a xeneral de brigada.[4] Mandou unha brigada navarra e participou coa 63 División na campaña de Aragón e Cataluña.

Ao remate da Guerra Civil era xeneral de brigada e o 12 de xullo de 1940 foi nomeado comandante da 81 División.[5] En 1941 foi nomeado gobernador militar de Burgos, cesando o 23 de xaneiro de 1942.[6] Despois foi nomeado gobernador militar de Lugo. Involucrouse en intrigas monárquicas contra Francisco Franco e no ano 1943 foi separado do exército acusado de empregar soldados e prisioneiros de guerra nas obras do seu pazo de Adai e na súa fábrica de fariña. Foi confinado en Albacete e despois en Palencia. De volta en Lugo foi vitima dun atentado que non conseguiu acabar coa súa vida, aínda que dúas persoas resultaron mortas. Conseguiu a representación dunha casa norteamericana e facía continuas viaxes a Madrid. Finou no pazo de Aldai.

Obras Editar

  • Escuela y patria o la preparación al servicio militar, 1910.
  • Evolución de las ideas sobre el empleo táctico y la organización del terreno para el combate, 1928.

Vida persoal Editar

Casou en segundas nupcias con María de la Concepción Cabrera Benito, condesa de Amayuelas, e foi pai de María Cristina Tella Cabrera que casou con Pedro Manuel Díez Ponce de León, IX marqués de Casinas.

Notas Editar

  1. El Pueblo Gallego, 11-10-1967, p. 12.
  2. El Progreso, 11-10-1967, p. 2.
  3. El Regional, 30-11-1906, p. 3.
  4. BOE núm. 543 (17 de abril de 1938)
  5. BOE núm. 212 (12 de xullo de 1940)
  6. BOE núm. 29 (29 de xaneiro de 1942)

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar