Abrir o menú principal

Heinrich Geissler, nado en Igelshieb o 26 de maio de 1814 e finado en Bonn o 24 de xaneiro de 1879, foi un inventor alemán.

Heinrich Geissler
Heinrich Geissler.jpg
Nacemento26 de maio de 1814
 Igelshieb
Falecemento24 de xaneiro de 1879
 Bon
SoterradoAlter Friedhof Bonn
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Bonn
Ocupaciónfísico, instrument maker e scientific instrument maker
Coñecido/a porTubo de Geissler
editar datos en Wikidata ]

Meirandes contribuciónsEditar

Geissler dominaba a técnica do soprado de cristal e posuía un negocio de fabricación de instrumentos científicos. En 1857 inventou unha bomba de baleiro sen elementos mecánicos móbiles, baseada nos traballos de Evangelista Torricelli. Aproveitando o baleiro creado polo descenso da columna de mercurio pechada no interior dun tubo, conseguiu alcanzar niveis de baleiro non conseguidos con anterioridade. Os recipientes nos que se practica o baleiro deste xeito, chamados "Tubos de Geissler", tiveron un papel moi importante nos experimentos de descarga en tubos de baleiro e contribuíron ao estudo da electricidade e dos átomos.