Heinrich Bach
Heinrich Bach, nado o 16 de setembro de 1615 en Wechmar (actualmente en Turinxia, Alemaña; daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) e finado o 10 de xullo de 1692 en Arnstadt, foi un compositor e organista alemán, membro da familia Bach.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1615 Günthersleben-Wechmar, Alemaña (pt) |
Morte | 10 de xullo de 1692 (76 anos) Arnstadt, Alemaña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Arnstadt |
Ocupación | compositor, organista |
Movemento | Música barroca |
Instrumento | Órgano |
Familia | |
Familia | Familia Bach |
Cónxuxe | Eva Hoffmann |
Fillos | Johann Christoph Bach, Johann Michael Bach, Johann Günther Bach |
Pais | Johannes Bach e Anna Schmied |
Irmáns | Christoph Bach Johann Bach |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Traxectoria
editarHeinrich Bach naceu en Wechmar, sendo considerado o pai da chamada Liña de Arnstädt da familia Bach. Despois da morte prematura de seu pai, o seu irmán máis vello Johannes Bach continuou a súa educación musical e ensinoulle a tocar o órgano. Trasladáronse a Suhl e Schweinfurt. Entre 1635 e 1641, foi Ratsmusikant no Ratsmusikanten-Compagnie de Erfurt dirixido por Johannes. Dende 1641 converteuse en organista da Igrexa de Santa María e da Oberkirche de Arnstadt, posto que ocupou ata a súa morte. En 1642 casou con Eva Hoffmann, a filla máis nova de Suhl Stadtpfeiffer Hoffmann. Heinrich Bach morreu en Arnstadt en 1692.
Tres dos seus fillos, Johann Christoph Bach, Johann Michael Bach e Johann Günther Bach, foron músicos.
Obra
editarSó unhas poucas das súas obras se conservaron:
- Cantata Ich danke dir, Gott
- Ach, dass ich Wassers gnug hätte
- Kyrie
- Zwei Sonaten à 5
- Da Christus an dem Kreuze stund
- Erbarm dich mein, o Herre Gott
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Diccionario Enciclopédico de la Música "Música Maestro", Editorial Rombo, 1996, ISBN 84-8257-032-3
- Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica, Editorial Salvat, 1986, ISBN 84-7137-872-8
- Larousse de la musique, Librairie Larousse, 1957
Ligazóns externas
editar- Partituras gratuítas de Heinrich Bach Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Choral Public Domain Library (ChoralWiki)