Xenxibre do Himalaia

especie de planta
(Redirección desde «Hedychium gardnerianum»)
Xenxibre do Himalaia

Hedychium gardenarium
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Orde: Zingiberales
Familia: Zingiberaceae
Xénero: Hedychium
Especie: H. gardnerianum
Nome binomial
'Hedychium gardnerianum'
Sheppard ex Ker Gawl. (1824)

O xenxibre do Himalaia[1] (Hedychium gardnerianum) é unha especie herbácea rizomatosa, proveniente da zona do Himalaia, que acada uns 2,4 m de alto, con longas follas dun verde intenso que envolven os seu grandes talos.

A especie é cultivada como planta ornamental; prefire un clima cálido, aínda que pode crecer no exterior en rexións tépedas que teñan xeadas lixeiras ou ocasionais. As fragantes flores amarelas con estiletes vermellos, que brotan en densas espigas, aparecen cara a finais do verán. Esta especie considérase unha mala herba nalgunhas rexións. Por exemplo, está listada como planta invasiva en Nova Zelandia e Hawai,[2] por onde se coñece como 'wild kahili ginger'. Está incluída na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.[3]

Especie invasora en España editar

Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[4]

Notas editar

  1. Tomé, Alba (19 de setembro de 2023). "O xenxibre do Himalaia, unha especie invasora asentada en Galicia: “Debemos actuar xa”". GCiencia. Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  2. State of Hawaii - Department of Land and Natural Resources (2007). "Hawaii's Most Invasive Horticultural Plants - kahili ginger" (en inglés). State of Hawaii - Department of Land and Natural Resources. Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2013. Consultado o 2007. 
  3. Lowe S., Browne M., Boudjelas S., De Poorter M. (2000). 100 de las Especies Exóticas Invasoras más dañinas del mundo. Una selección del Global Invasive Species Database Copia arquivada en Wayback Machine. Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Natureza (UICN), 12pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 da revista Aliens, Decembro 2000. Versión traducida e actualizada: Novembro 2004.
  4. "Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras.". Boletín Oficial del Estado.