Hayat Mirshad, nada en 1988, é unha xornalista feminista libanesa, activista, e co-fundadora do colectivo feminista sen ánimo de lucro FE-MALE. Ten unha licenciatura en literatura inglesa pola Universidade libanesa e unha licenciatura nun curso de xénero en desenvolvemento humano e axuda humanitaria pola Universidade americana de Beirut.[1]

Infotaula de personaHayat Mirshad
Biografía
Nacemento1988 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeLíbano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , humanitaria , activista Editar o valor em Wikidata
MovementoFeminismo Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webhayatmirshad.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: HayatMirshad Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Hayat Mirshad fundou o primeiro programa de radio feminista do Líbano en 2012, chamado "Sharika wa Laken" (Un socio aínda non igual). En 2007, cofundou o colectivo feminista sen ánimo de lucro FE-MALE onde segue sendo co-directora. É tamén xefa de comunicacións no Encontro Democrático de Mulleres Libanesas e membro do Ágora de Innovación de Xénero de Xoves de ONU Mulleres.[1]

Recoñecementos editar

En 2020, Mirshad foi recoñecida pola BBC como unHa das 100 muLLeres máIs influentes e inspiradoras do ano polo seu traballo como codirectora de FE-MALE.[2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ask an Activist: What do you think is the role of youth in ending violence against women and girls?". UN Woman - Arab States. 25 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2019. Consultado o 9 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Zrein, Rim (25 de novembro de 2020). "Lebanese Journalist Ranked Among BBC’s 100 Most Inspiring & Influential Women". The 961. Consultado o 9 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Arawi, Mia (24 de novembro de 2020). "Lebanese Activist Makes It To BBC's 100 Women List For 2020". Beirut. Consultado o 9 de marzo de 2020.