Hawad
Mahmoudan Hawad, nado en Aïr en 1950, é un poeta tuareg.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 (73/74 anos) Níxer |
Datos persoais | |
Residencia | Francia |
País de nacionalidade | Níxer |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , calígrafo |
Lingua | Lingua bérber |
Premios
| |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia da nobreza tuareg da tribo ikaskazen no Sáhara central que hoxe forma parte de Níxer, atraído pola doutrina sufista, viviu en mosteiros sufís de Libia, Exipto e nun campo nómade preto de Bagdad. De volta a Níxer comezou a escribir en tuareg e dende 1982 vive en en Francia. Un dos piares da literatura tuareg, a súa poesía canta a liberdade do seu pobo, da súa mobilidade sobre a terra. Ademais escribiu ensaios para dar a coñecer a situación do seu pobo.