Hatutu, ou tamén Hatuta´a, é unha illa das Marquesas, na Polinesia francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 3 km ao nordés de Eiao.

Hatatu
Hatutaʻa
Imaxe do noroeste das Illas Marquesas. Hatutu é a illa do centro. Imaxe cortesía do Centro Espacial de Johnson.
Localización
Situación
País Francia
Colectividade de ultramarPolinesia francesa
ProvinciaNuku Hiva
ArquipélagoIllas Marquesas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas7°55′S 140°34′O / -7.917, -140.567Coordenadas: 7°55′S 140°34′O / -7.917, -140.567
Xeografía
Superficie6´4 km²
Punto máis alto428 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Piquero de patas azuis (Sula nebouxii)

Xeografía editar

A illa está deshabitada e consiste nunha plataforma elevada de 428 metros de altitude cunha superficie de 6,5 km².

Historia editar

Hatutu foi descuberta en 1791, polo norteamericano Joseph Ingraham que a chamou Hancock, nome do primeiro gobernador de Massachusetts, John Hancock. Outros nomes utilizados foron o francés Chanal e o inglés Langdon. En 1992, Hatutu foi declarado reserva natural. É un lugar utilizado polas aves mariñas para aniñar, un dos importantes é o piquero de patas azuis (Sula nebouxii).

Notas editar

Ligazóns externas editar