Asdingos

pobo xermánico
(Redirección desde «Hasdingos»)

Os asdingos foron un pobo xermánico, máis precisamente unha ramificación sur dos vándalos que se terá establecido, por volta do século II, na área das actuais Romanía, Hungría, Polonia e Eslovaquia. No final do século III únense aos silingos, outra ramificación dos vándalos. Van participar tamén na grande migración xermánica chegando á Península Ibérica e máis tarde ao norte de África.

Os vándalos asdingos foron desprazados polos hunos das chairas de Hungría e, tras intentar cruzar o Danubio, ben defendido por Estilicón, xeneral de Flavio Honorio emperador de Occidente, dirixíronse cara ao Rin arrastrando os vándalos silingos. A finais do século III únense aos silingos e en 406 cruzan o Rin por Maguncia e asolaron a Galia, indefensa porque Estilicón retirou o seu exército para defender a Península Itálica dos visigodos de Alarico I, e invaden a Península Ibérica no 409. Despois de firmar un foedus cos romanos, reciben terras na Gallaecia.

En 419 Gunderico, o rei dos asdingos, tras ser derrotado polos suevos e os romanos na batalla dos montes Nervasos, marcha co seu exército á Bética, onde se converte en rei de ambas ramas dos vándalos (silingos) e os alanos, mentres que o seu reino na Gallecia incorpórase ao reino suevo de Hermerico. Hidacio de Chaves non di na súa crónica cal foi o destino da poboación do reino asdingo, se conseguiu fuxir á Bética ou, como era costume na época, foi reducida á escravitude. Máis tarde, o reino unido dos vándalos e alanos trasladouse ao norte de África ao mando de Xenserico.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar