Harriet Taylor Mill

filósofa británica


Harriet Taylor Mill, de solteira Harriet Hardy, nada en Londres o 8 de outubro de 1807 e finada en Aviñón o 3 de novembro de 1858, foi unha filósofa inglesa defensora dos dereitos das mulleres.

Infotaula de personaHarriet Taylor Mill

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Harriet Hardy Editar o valor em Wikidata
8 de outubro de 1807 Editar o valor em Wikidata
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 1858 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Aviñón, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCimetière Saint-Véran (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofa , economista , escritora , poeta , sufraxista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Stuart Mill Editar o valor em Wikidata
FillosHelen Taylor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsArthur Hardy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Hardy-7557 Find a Grave: 8554746 Editar o valor em Wikidata

O seu corpus de escritura existente é moi pequeno e é lembrada pola súa grande influencia en John Stuart Mill do que se considera posíbel coautora de parte da súa obra.

Obra editar

Con excepción dalgúns artigos publicados no xornal inglés Monthly Repository, Taylor publicou poucas obras asinadas por ela ao longo da súa vida. Non obstante, leu e comentou todo o material producido por John Stuart Mill (que, na súa autobiografía, afirmou que Harriet era a coautora de moitos libros e artigos que foron publicados baixo o seu nome, engadindo que "cando dúas persoas teñen en común os seus pensamentos e especulacións, é de pouca importancia, en relación á cuestión da orixinalidade, quen deles ten a pluma").[1]

Tamén escribiron xuntos Early Essays on Marriage and Divorce en 1832[2]

 
John Stuart Mill con Helen Taylor, filla de Harriet Taylor, en 1835.

Unha carta escrita por Mill a partir de 1854 suxire que Taylor foi refractaria a ser descrita como a coautora dos seus libros e artigos pola posíbel resposta a un texto filosófico que fose publicado só baixo o nome de Mill en comparación co feito de que fose publicado baixo o nome de ambos os dous autores.

Mill adoitaba referirse a ela como unha contribuínte moi valiosa para gran parte do seu traballo, especialmente no libro titulado On Liberty, un libro que estaría dedicado a Taylor cando foi publicado en 1859, un ano máis tarde da morte de Harriet.

Notas editar

  1. Stanford Encyclopedia of Philosophy (ed.). "Harriet Taylor Mill" (en inglés). Consultado o xaneiro de 2015. 
  2. Indiana University Northwest (ed.). "Early liberal thought and practice" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o xaneiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rossi, Alice S. (1970). Sentiment and Intellect: The Story of John Stuart Mill and Harriet Taylor Mill, en Rossi, Alice S. (Ed), Essays on Sex Equality. The University of Chicago Press.

Ligazóns externas editar