Hanno Möttölä

baloncestista finlandés

Hanno Aleksanteri Möttölä, nado en Helsinqui o 9 de setembro de 1976, é un ex xogador finés de baloncesto profesional. Mide 2,08 metros e xogaba na posición de ala-pivote.

Hanno Möttölä
Hanno Mottola.jpg
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 9 de setembro de 1976 (44 anos)
Finlandia Helsinqui
Nacionalidade Finlandia Finlandia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Información da carreira
Universidade Utah (1996–2000)
NBA Draft 2000 / Rolda: 2 / Elección: 40
Por Atlanta Hawks
Carreira 1994–2014
Historial de equipos
Helsingin NMKY (1994–1996)
Atlanta Hawks (2000–2002)
TAU Cerámica (2002–2003)
Fortitudo Bologna (2003–2004)
Scavolini Pesaro (2004–2005)
Dinamo Moscova (2005–2006)
Žalgiris Kaunas (2006–2007)
Aris Tesalónica (2007–2008)
Torpan Pojat (2009–2012)
Torpan Pojat (2013)

TraxectoriaEditar

Tras xogar para a Universidade de Utah, Möttöla foi seleccionado na 40ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Atlanta Hawks, onde xogou durante dúas tempadas antes da súa volta a Europa. Alí xogou para o Saski Baskonia da Liga ACB, no Fortitudo Bologna italiano onde en 2004 conseguiu chegar ás finais da Lega Basket Serie A e á final da Euroliga, e no Victoria Libertas Pesaro italiano.

Tras o seu paso polo MBC Dinamo Moscova ruso e o BC Žalgiris lituano, Möttöla asinou co Aris BC grego o 26 de xullo de 2007.[1]

O 26 de setembro de 2008, Möttöla anunciou a súa retirada do baloncesto profesional,[2] pero nove meses despois decidiu xogar de novo.[3] En setembro de 2009, Möttöla asinou co Torpan Pojat finés, onde xogou durante catro tempadas nas que conseguiu un subcampionato de liga en 2010 e outro de copa en 2011.[4]

NotasEditar

  1. Sotirou, Kostas (2007). "Aris inks big men Mottola and Agadakos". Euroleague. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  2. "Hanno Mottola of Finland retires". Inside Hoops. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  3. Martinez, Frans (2009). "Hanno Mottola vuelve a las canchas". Solo Basket. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  4. "Hanno Möttölä vahvistaa ToPoa Divisioona A:n kärjessä". Basket.fi (en finés). Consultado o 5 de febreiro de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar