Handsup

Xénero musical

O Handsup é un tipo de música electrónica creado en Alemaña no ano 2003 e caracterizado por ser melódico, dinámico e cun ritmo forte, e xeralmente é cantado.

Estilo editar

Difícil de clasificar pola da súa complexa melodía, o Handsup aparece a miúdo confundido co «Hard Dance» ou co «Euro-Trance». Adoita amosarse coma unha evolución do Eurodance, resultado da mestura de Trance, Techno e Dance na década de 1990.

Este estilo de música tivo un grande éxito en Europa, sobre todo en Alemaña, Polonia, Portugal, España e os Países Baixos. En Inglaterra, o Handsup tivo unha enorme acollida e atopou o seu lugar grazas ao nacemento dun subxénero, o Handsup UK, caracterizado por un ritmo máis rápido (150-155 BPM fronte a 140-145).

Especificacións técnicas editar

Tecnicamente, a estrutura do Handsup consiste nos «kicks» ou «bombos», unha serie de pulsacións rítmicas acompañadas de platillos, aplausos... xunto cun baixo a contrapunto. Ademais, consta dunha parte cantada ou con melodía sen ritmo.

Estruturalmente, o Handsup resulta relativamente pobre. Porén, a cantidade de melodías diferentes que contén é moi grande.