Haloarcula é un xénero de microorganismos do dominio das arqueas pertencente á familia Halobacteriaceae. Haloarcula descubriuse en mostras de pozas salinas cando se estaba intentando cultivar a especie Haloquadratum walsbyi, que é bastante similar morfoloxicamente, pero xeneticamente son distintas e están clasificadas en especies e xéneros diferentes.

Descrición e importancia editar

As especies de Haloarcula son arqueas halófilas extremas. Distínguense doutros xéneros da familia Halobacteriaceae pola presenza de derivados específicos de lípidos polares TGD-2. Actualmente hai sete especies recoñecidas no xénero, que son: H. vallismortis, H. marismortui, H. hispanica, H. japonica, H. argentinensis, H. mukohataei, e H. quadrata. H. quadrata é de forma cadrada e flaxelada e foi a primeira que se identificou, cando se estaba estudando a especie Haloquadratum walsbyi.[1]

Haloarcula crece optimamente a 40–45 °C, e forma láminas de ata 65 células xeralmente con forma cadrada ou de triángulo.

Ecoloxía editar

As Haloarcula encóntranse en ambientes salinos neutros como lagos salgados, salinas mariñas, e solos salinos. Como outros membros das Halobacteriaceae, Haloarcula require polo menos unha concentración 1,5 M de NaCl para crecer, pero crece optimamente a concentracións de 2,0 a 4,5 M de NaCl.[2]

Notas editar

  1. Oren, A.; Ventosa, A.; Gutierrez, M. C.; Kamekura, M. (1999-07-01). "Haloarcula quadrata sp. nov., a square, motile archaeon isolated from a brine pool in Sinai (Egypt)". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (en inglés) 49 (3): 1149–1155. ISSN 1466-5034. doi:10.1099/00207713-49-3-1149. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2019. Consultado o 07 de maio de 2019. 
  2. Ver no NCBI a páxina para Haloarcula. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2014-07-06. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Revistas científicas
  • Oren A, Ventosa A (2000). "International Committee on Systematic Bacteriology Subcommittee on the taxonomy of Halobacteriaceae. Minutes of the meetings, 16 August 1999, Sydney, Australia". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 50: 1405–1407. PMID 10843089. 
  • Torreblanca M, Rodriquez-Valera F, Juez G, Ventosa A, Kamekura M, Kates M (1986). "Classification of non-alkaliphilic halobacteria based on numerical taxonomy and polar lipid composition, and description of Haloarcula gen. nov. and Haloferax gen.nov". Syst. Appl. Microbiol. 8: 89–99. doi:10.1016/s0723-2020(86)80155-2. 
  • Javor B, Requadt C, Stoeckenius W (1982). "Box-shaped halophilic bacteria". J. Bacteriol. 151 (3): 1532–1542. PMC 220435. PMID 6286602. 
Bases de datos científicas

Ligazóns externas editar