Hallawa
Hallawa foi unha cidade hitita do nordeste, entre Hattusa e Samuha. As forzas do rei Mursilis III, dirixidas por Sippa-ziti, quedaron asediadas nesta cidade durante a guerra civil entre o rei e Hattusilis de Hakpis; o xefe tivo que pedir ao rei Mursilis que fose a rescatalo; o rei enviou a un home chamado Anani-piya.