Hakon Ahlberg

arquitecto sueco

Hakon Ahlberg, nado o 10 de xuño de 1891 en Harplinge e finado o 12 de marzo de 1984 en Estocolmo, foi un arquitecto, editor e autor sueco. Coñecido por ser o arquitecto oficial da restauración do Castelo de Gripsholm, cerca da cidade de Mariefred no centro de Suecia.

Infotaula de personaHakon Ahlberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1891 Editar o valor em Wikidata
Laholms församling, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 1984 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Oscar Parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Real de Tecnologia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , editor colaborador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElisabeth Waldenström (1965–)
Ellen Nisser (1925–1959)
PaisAxel Ahlberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anna Ahlberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlf Ahlberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX822944
Castelo de Gripsholm en 2004.
Igrexa de Mälarhöjdens, Estocolmo, 1929.

Traxectoria

editar

Ahlberg estudou arquitectura no Instituto Real de Tecnoloxía, rematando en 1914. Tamén realizou estudos na Real Academia Sueca das Artes entre 1914 e 1917, influído fortemente por un dos seus mestres, Ivar Tengbom. Foi un do membros fundadores e primeiro presidente da SAR (Asociación de Arquitectos de Suecia), e tamén presidente da Academia Sueca de Belas Artes entre 1954 e 1962. Foi editor xefe das revistas de arquitectura Arkitekten e Byggmästaren, e participou activamente no debate arquitectónico en Suecia. Dentro da arquitectura sueca non foi un líder de estilo, máis ben un líder idealista, organizador e portavoz da profesión de arquitecto en Suecia. Formou parte do breve movemento chamado Clasicismo Nórdico, pero con vínculos coa arquitectura vernácula sueca.

Obras destacadas

editar
  • Pavillón de Artes e Oficios na exposición de Gotemburgo de 1923.
  • Grandes almacéns PUB no centro de Estocolmo (1924, considerados xunto co Pavillón da exposición de Gotemburgo as súas mellores obras).
  • Vivendas de madeira para a Confederación de Sindicatos de Suecia da Academia Popular de Brunnsvik (1928), onde se aprecia as referencias á arquitectura vernácula sueca.
  • Igrexa Mälarhöjdens en Estocolmo (1929).
  • Hospital psiquiátrico Sidsjön en Subdsvallm (1939-44).
  • Clínica da Infancia en Oslo, Noruega (1946-50).
  • Hospital Universitario de Maracaibo en Venezuela (1946-54).
  • Restauración do Castelo de Gripsholm.

Premios

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Nordic Classicsim 1910-1930, Museum of Finnish Architecture, Helsinqui, 1982.
  • Hakon Ahlberg, 'The Dilemma of Classicism', en Sigurd Lewerentz 1885-1975, Architectural Association Publications, Londres, 1989.
  • Hakon Ahlberg, 'Alvar Aalto', en The Finnish Architectural Review, 7,8/ 1976. Arkkitehti, 7-8/1976.
  • E. Paulsson et al., Hakon Ahlberg, Arkitekt och Humanist. Byggforskningsrådet, Estocolmo, 1994.

Ligazóns externas

editar