Hakan Şükür
Hakan Şükür, nado o 1 de setembro de 1971 en Adapazarı (Sakarya), é un exfutbolista turco, de ascendencia albanesa. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección turca.
Hakan Şükür | |||
---|---|---|---|
![]() Şükür xogando para o Galatasaray. | |||
Información persoal | |||
Nome | Batuhan Karadeniz | ||
Nacemento | 1 de setembro de 1971 (52 anos) | ||
Lugar de nacemento | Adapazarı | ||
Altura | 1,91 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Sakaryaspor | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1987–1991 | Sakaryaspor | 38 | (19) |
1990–1992 | Bursaspor | 44 | (11) |
1992–1995 | Galatasaray | 90 | (54) |
1995 | Torino | 5 | (1) |
1995–2000 | Galatasaray | 156 | (108) |
2000–2001 | Internazionale | 24 | (5) |
2002 | Parma | 15 | (3) |
2002–2003 | Blackburn Rovers | 9 | (2) |
2003–2008 | Galatasaray | 146 | (55) |
Total | 527 | (258) | |
Selección nacional | |||
1987–1988 | Turquía sub-16 | 6 | (2) |
1988–1990 | Turquía sub-18 | 13 | (1) |
1990–1993 | Turquía sub-21 | 16 | (5) |
1992–2007 | Turquía | 112 | (51) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Selección nacional Editar
Hakan Şükür debutou coa selección de fútbol de Turquía en 1993. Tivo unha destacada participación na Copa Mundial de Fútbol de 2002 celebrada no Xapón e Corea do Sur. Turquía acadou as semifinais, onde perderon contra o Brasil por 1-0. Nese mesmo Mundial anotou o que naquel momento era o gol máis rápido na historia do fútbol internacional, marcado aos 11 segundos fronte a selección de fútbol de Corea do Sur, na disputa polo terceiro e cuarto posto que finalmente gañou a selección de fútbol de Turquía por 3 goles a 2.
Despois dese Mundial, volveu xogar coa selección turca nun par de ocasións, regresando para o partido de clasificiación para a Copa Mundial de Fútbol de 2006 de Alemaña, onde non puido evitar a derrota da súa selección, aínda que contribuíu cun gol no partido de volta.
Palmarés Editar
- Liga de Turquía: 1992-93, 1993-94, 1996-97, 1997-98, 1998-99, 1999-2000, 2005-06, 2007-08
- Copa de Turquía: 1992-93, 1995-96, 1998-99, 1999-2000, 2004-05
- Copa da UEFA: 1999-00
Distincións individuais Editar
Distinción | Ano |
---|---|
Máximo goleador da Liga Turca con 38 goles. | 1996-1997 |
Mellor goleador mundial de Primeira División segundo a IFFHS | 1997 |
Máximo goleador da Liga Turca con 32 goles. | 1997-1998 |
Máximo goleador da Liga Turca con 19 goles. | 1998-1999 |
Gol máis rápido da historia da Copa Mundial de Fútbol, en 10,8 segundos. | 2002 |
Máximo goleador histórico da Liga Turca superando o récord de 240 goles que ostentaba Tanju Çolak. | 2007 |