H. R. Giger
Hans Ruedi Giger, tamén chamado Hans Rudolf Giger, nado o 5 de febreiro de 1940 en Chur, Suíza e finado o 12 de maio de 2014 en Zúric foi un artista gráfico e escultor, que foi amigo persoal de Timothy Leary.
H. R. Giger | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Hans Rudolf Giger |
Nacemento | 5 de febreiro de 1940 |
Coira | |
Falecemento | 12 de maio de 2014 |
Zúric | |
Nacionalidade | Suíza |
Alma máter | Zurich University of the Arts |
Ocupación | pintor, escultor, artista, arquitecto, ilustrador, deseñador gráfico e deseñador |
Premios | Óscar ós mellores efectos visuais, Inkpot Award e Science Fiction and Fantasy Hall of Fame |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
En 1966 comezou a traballar como deseñador de interiores. A partir de 1968 Giger dedicouse exclusivamente á arte e os seus primeiros pósters foron publicados cara a 1969. Durante esa época mantivo unha relación con Li Tobler, coa que gravaría varias curtas. O suicidio da súa amada en 1975 marcou para sempre a obra de Giger.
Coñecido entre o gran público por deseñar e desenvolver xunto a Carlo Rambaldi a criatura e algúns escenarios da película Alien, o oitavo pasaxeiro de Ridley Scott (1979, baseándose nas súas propias obras anteriores, como "Necronomicon V") pola que lle concederon en 1980 o Óscar aos mellores efectos visuais.
Tamén participou na parte estética doutras películas, como Species (Roger Donaldson, 1995) sendo os seus traballos usados nas portadas de moitos libros e discos. Así mesmo, realizou traballos para videoxogos como Dark Seed, unha aventura gráfica de ambientación lovecraftiana. Posteriormente prestouse voluntario como deseñador de Alien 3, xa que James Cameron, reusou do seu traballo para Aliens. Tamén participou no deseño ao lado escuro de Poltergeist II, quedando bastante desilusionado do tratamento que lle deron na película aos seus deseños.
Existe un museo dedicado a H. R. Giger na cidade de Gruyères, en Friburgo, Suíza.
EstiloEditar
Giger utilizou maiormente o aerógrafo creando imaxes surrealistas e paisaxes de pesadelo. Destaca tamén a súa mestura de representacións de corpos humanos mesturados con máquinas, descritas por el como Biomechanical. Estas imaxes conteñen un alto grao de fetichismo á vez que engade simboloxía sexual un tanto subliminar. Na súa obra podemos atopar a influencia de artistas como Erns Fuchs, Jean Cocteau e Salvador Dalí.
ParticipaciónEditar
Participación en películasEditar
- 1976 – Deseños para Dune, de Alejandro Jodorowsky, adaptación da novela de Frank Herbert que non se chegou a producir; o filme Dune foi realizado máis tarde por David Lynch.)[1]
- 1979 – Alien
- 1985 – A "Cloudbusting Machine" no vídeo Cloudbusting de Kate Bush
- 1986 – Poltergeist II
- 1988 – Teito Monogatari
- 1992 – Alien III
- 1995 – Species
- 1995 – Batman Forever (deseño do Batmobil)
- 1996 – Kondom des Grauens
Participación en portadas de discosEditar
- 1973 – Emerson, Lake and Palmer – Brain Salad Surgery
- 1977 – Magma – Attahk
- 1981 – Debbie Harry – KooKoo
- 1985 – Celtic Frost – To Mega Therion
- 1989 – Steve Stevens – Atomic Playboys
- 1990 – Atrocity – Hallucinations
- 1992 – Danzig – III: How The Gods Kill
- 1994 – Carcass – Heartwork
- 1994 - hide - Hide Your Face
- 1999 - Dr. Death - Somewhere in nowhere (Birthmachine)
BibliografíaEditar
- 1971 – ARh+
- 1974 – Passagen
- 1976 – HR Giger bei Sydow-Zirkwitz (Catálogo)
- 1977 – Necronomicon (ISBN 3-85591-019-7)
- 1980 – Giger’s Alien
- 1981 – HR Giger’s New York City
- 1984 – Retrospective 1964–1984 (Catálogo)
- 1985 – Necronomicon 2 (ISBN 3-85591-020-0)
- 1988 – Biomechanics
- 1991 – HR Giger ARh+ (ISBN 3-8228-1317-6)
- 1992 – Skizzen 1985
- 1993 – Watch Abart ’93 (Catálogo)
- 1995 – Species Design
- 1996 – Filmdesign
- 1996 – www HRGiger com
- 1996 – Visioni di fine millennio (Catálogo)
- 1998 – Monsters from the ID
- 1998 – The Mystery of San Gottardo
- 2002 – Icons „HR Giger“
- 2004 – Le Monde Selon HR Giger (Catálogo)
- 2005 – HR Giger in Prague (Catálogo)
NotasEditar
- ↑ Ben Beaumont-Thomas. "Sci-fi surrealist HR Giger, creator of Alien visions, dies in fall | Film". theguardian.com. Consultado o 2-8-2014.