Concello de Hörby

(Redirixido desde «Hörby (municipio)»)

Coordenadas: 55°51′N 13°39′L / 55.850, -13.650

Concello de Hörby
Hörby kommun
Hörby kommunhus.jpg
Casa do concello
Hörby vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Skåne
Condado Escania
Capital Hörby
Área e poboación
Poboación 15 768 habitantes
Censo 2022
Área 433,07 km²
Densidade 37,61 hab./km²
Mapa
Hörby Municipality in Scania County.png
Outros datos
Web horby.se

Hörby é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é Hörby, que tamén é a área urbana máis grande do municipio. O concello limita cos municipios de Eslöv ao oeste, Höör ao noroeste, Hässleholm ao norte, Kristianstad ao leste, Tomelilla ao sueste e Sjöbo ao sur. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 15 768 habitantes.[2]

Administración históricaEditar

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Fulltofta, Hörby, Lyby, Långaröd, Svensköp, Södra Rörum, Västerstad, Äspinge, Östra Sallerup e Östraby. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.

A localidade municipal de Hörby estableceuse o 20 de decembro de 1894 e disolveuse en 1900 cando naceu o köping de Hörby como unha escisión do concello rural de Hörby.

Coa reforma municipal de 1952 fundáronse, a través de fusións de concellos rurais, os novos municipios rurais de Bjärsjölagård e Östra Frosta, así como unha extensión do concello rural de Långaröd. O köping permaneceu sen cambios.

En 1969 os concellos rurais de Östra Frosta e Långaröds incorporáronse ao köping de Hörby. O concello de Hörby fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do köping do mesmo nome. En 1974 uniuse unha parte do concello de Bjärsjölagård (Västerstad e Östraby).[3]

Dende o seu nacemento ata o 15 de abril de 2002 o concello pertenceu ao partido xudicial de Eslöv, e dende entón ao de Lund.[4]

NotasEditar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-11. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-11. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Eslövs tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022.