Hélène Dutrieu, nada en Tournai, Bélxica, o 10 de xullo de 1877 e finada en París, Francia, o 26 de xuño de 1961, foi unha campioa de ciclismo, ciclista de risco, condutora de risco de vehículos, condutora de autos de carreiras, pioneira da aviación, condutora de ambulancia na primeira guerra mundial, e directora dun hospital militar.[1][2]

Infotaula de personaHélène Dutrieu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1877 Editar o valor em Wikidata
Tournai, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1961 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Batignolles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica
Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviadora , ciclista , especialista de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
DeporteCiclismo en pista Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePierre Mortier
Premios

WikiTree: Dutrieu-1 Find a Grave: 73531644 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Hélène Dutrieu naceu o 10 de xullo de 1877 en Tournai, Bélxica, filla dun oficial do exército belga. Abandonou a escola aos 14 anos para ganarse a vida, xa que o seu pai quedou sen emprego. No tiña profesión pero sentíase capaz de iniciar a nova vía da competición ciclista que empezaba a abrirse timidamente á participación feminina.[3]

Ciclista de éxito editar

Os seus inicios no ciclismo foron prometedores por mor da súa baixa estatura e a súa lixeireza. Entusiasmou o público pola rapidez das súas carreiras, que gañaba con frecuencia chegando a bater récords. A súa reputación superou as fronteiras belgas e realizou diversas viaxes a América. O seu irmán máis vello tamén se dedicaba á competición ciclista e dirixía un circo bautizado co apelido familiar. Entre as competicións ciclistas nas que participou incluíronse varias manifestacións populares nas que realizou números acrobáticos coa bicicleta, moto e automóbil. As súas actuacións rebelaron as súas condicións especiais para a audacia e a resistencia física nos deportes de motor.[3]

Dutrieu converteuse en ciclista de pista profesional competindo para o equipo Simpson Lever Chain. En 1895 gañou o récord mundial feminino para a distancia recorrida en bicicleta durante unha hora. En 1897 e 1898 gañou o campionato mundial de velocidade en pista de mulleres que se celebraba en Ostende, e gañou o alcume de "A Frecha Humana".[4] En agosto de 1898 gañou o Grand Prix d’Europe e en novembro dese mesmo ano gañou a Course de 12 Jours (Carreira dos 12 días) en Londres, Inglaterra. Leopoldo II de Bélxica outorgoulle a Cruz de Santo André con diamantes en recoñecemento polos seus éxitos como ciclista.

Dobre de escenas perigosas editar

Posteriormente Dutrieu traballou en varios shows con números de ciclismo e en xullo de 1903 deu unha volta en bicicleta por dentro dun bucle vertical no Eldorado en Marsella, Francia. Este bucle, así como unha rampla que utilizaba nos seus espectáculos, foron patentados por ela mesma.[5] En setembro de 1903 presentouse no centro de convencións Olympia da cidade de París[6][7] e tamén no Crystal Palace[8] de Londres, en Berlín e noutras cidades importantes.[3] Hélène desenvolveu unha exitosa traxectoria como condutora de risco de bicicletas e motocicletas, como tamén como condutora de autos de carreira e condutora de risco, aínda que despois dun severo accidente en Berlín en 1904 tivo que pasar oito meses afastada das pistas para recuperarse.[3]

Logros na aviación editar

 
Hélène Dutrieu no seu aeroplano en 1911.

En 1908 a fábrica francesa Clément Bayard convenceu a Dutrieu para que se convertese na primeira piloto do seu novo aeroplano ultralivián monoplano, deseñado por Santos-Dumont e denominado no.19 Demoiselle (Nova dama). O seu primeiro voo tivo lugar en 1910.[9] O 19 de abril de 1910 converteuse na primeira muller piloto en voar cun pasaxeiro. O 25 de novembro de 1910, Dutrieu converteuse na cuarta muller do mundo, e a primeira belga, en obter unha licenza de piloto. O Aéro-Club de Belgique outorgoulle a licenza número 27. A súa aparición en diversos shows aéreos fíxolle gañar o alcume de Nena Falcón.

En setembro de 1910 Dutrieu viaxou sen escala desde Ostende a Bruxas, Bélxica. Desde o 26 de setembro ao 1 de outubro realizou varias viaxes transportando pasaxeiros durante a semana da aviación de Burton-upon-Trent, Inglaterra. Foi a primeira muller piloto que permaneceu no aire por máis dunha hora e o 21 de decembro de 1910 converteuse na gañadora da Copa Feminina por un voo sen escalas de 167 km en 2 horas e 35 minutos.

En setembro de 1911 Dutrieu viaxou aos Estados Unidos co seu biplano Henry Farman tipo III. Competiu polo récord mundial de altitude para mulleres e o trofeo Rodman-Wanamaker, gañado por Matilde Moisant, na competencia no aeródromo de Nassau Boulevard en Garden City, Nova York. Ese mesmo ano Dutrieu venceu a 14 pilotos varóns e gañou a Coppa del Re (Copa do Rei) en Florencia, Italia. En 1912 converteuse na primeira muller en pilotar un hidroavión. Ese mesmo ano gañou un premio nunha competición contra catro pilotos de hidroavións, incluído Réne Caudron, en Ouchy-Lausana, Suíza. En 1913 Dutrieu converteuse na primeira muller aviadora en ser distinguida coa Lexión de Honra.

Primeira guerra mundial e últimos anos editar

En 1914, ao comezo da primeira guerra mundial renunciou á aviación e incorporouse á Cruz Vermella e ás forzas armadas como enfermeira e condutora de ambulancias no hospital de Messimi. Máis adiante converteuse na directora do hospital militar de campaña de Val-de Grâce. Despois da guerra converteuse en xornalista. En 1922 casou con Pierre Mortier e adoptou a nacionalidade francesa. En 1956 estableceu a Coupe Hélène Dutrieu-Mortier cun premio de 200,000 francos para as mulleres piloto francesas ou belgas que fixesen o voo sen escala máis longo cada ano.[3]

Hélène Dutrieu morreu en París26 de xuño de 1961, aos 83 anos.[1][10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Helene Dutrieu, Aviator, Is Dead. French Pioneer Flier Won Legion of Honor in 1913.". Ralph Cooper. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. Consultado o 31 de maio de 2008. 
  2. "Hélène Dutrieu". National Air and Space Museum. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2010. A belga Helene Dutrieu era coñecida como a "moza falcón" da aviación xa que era a muller piloto máis lanzada e hábil do seu tempo. Fixo o seu primeiro voo en solitario en Francia en 1909 e ao cabo dun ano estaba rompendo récords de altitude e distancia. Marabillou o mundo en setembro de 1910 ao voar sen paradas desde Ostende ata Bruxas en Bélxica e foi a primeira muller belga en recibir a súa licenza de piloto o 25 de novembro de 1910. Durante o seu segundo ano como aviadora ... 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Les Vieilles Tiges - Hélène Dutrieu, première aviatrice belge, pionnière de l'aviation féminine, membre d'honneur à titre posthume de la Société royale". www.vieillestiges.be (en francés). Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  4. "L'Universel : magazine hebdomadaire illustré". Gallica. 1903-09-24. Consultado o 2016-03-10. 
  5. La chica halcón capaz de pilotar cualquier cosa
  6. "Gil Blas / dir. A. Dumont". Gallica. 1903-09-19. Consultado o 2016-03-10. 
  7. "Revue universelle : recueil documentaire universel et illustré / publié sous la direction de M. Georges Moreau". Gallica. 1904-01-01. Consultado o 2016-03-10. 
  8. "flying The Flume.". Star. 1904-02-20. p. 4. Consultado o 2016-03-10. 
  9. "Flight International Flight, 8 January 1910, p.28.". 
  10. "French Pioneer Flier Won Legion of Honor in 1913". New York Times. 28 de xuño de 1961. Consultado o 2008-06-14. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar