GZ Nación

xornal dixital galego
(Redirección desde «GzNacion.com»)

GZ Nación, tamén denominado GZnación.com, foi un xornal dixital galego de liña editorial nacionalista. Publicouse entre os anos 2006 e 2010.

GZ Nación
TipoXornal dixital
Fundación2006
Remata2009/10
Empresa editoraCarrumeiro Media S. A.
TendenciaNacionalismo galego
Lingualingua galega
Na rede
http://gznacion.com
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Comezou a se publicar en decembro de 2006. No ano 2008 chegou a editar un número en papel.[1][2]

En 2009 a empresa editora, Carrumeiro Media S. A., desfíxose de tódolos traballadores[3] por mor da caída de negocio após a saída do goberno do Bipartito.[4] O diario mantívose até 2010, momento en que desapareceu canda proxectos históricos de comunicación en galego como Vieiros, A Nosa Terra e Galicia Hoxe, na que foi a etapa negra do xornalismo galego.[5][6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar