Abrir o menú principal

Gustav Heinrich Ralph von Koenigswald

Gustav Heinrich Ralph von Koenigswald, nado en 1902 e finado en 1982, foi un paleontólogo e xeólogo que investigou sobre os homínidos, incluíndo o Homo erectus. Descubriu e estudou fósiles de homínido en Xava e estudou outros importantes fósiles no sueste de Asia.

Gustav Heinrich Ralph von Koenigswald
COLLECTIE TROPENMUSEUM Dr. G.H.R. von Koenigswald tijdens onderzoek naar schedels op Java TMnr 10018632.jpg
Nacemento13 de novembro de 1902
 Berlín
Falecemento10 de xullo de 1982
 Bad Homburg vor der Höhe
NacionalidadeReino dos Países Baixos e Alemaña
Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín, Universidade de Tubinga, Universidade de Múnic e Universidade de Colônia
Ocupaciónxeólogo, paleontólogo, arqueólogo, antropólogo, prehistoriador, paleoantropólogo e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Natural de Berlín, paleontólogo por vocación, grazas aos contactos do seu mestre consegue entrar no Servizo Xeolóxico das Indias Orientais Holandesas e de 1931 a 1933 traballou no mesmo sitio, Trinil, que Eugène Dubois descubrira o Home de Xava e alí exhumou restos de 11 cranios diferentes que atribuiu a un tipo neandertaloide. Subvencionado pola Fundación Carnegie trasladouse a 75 km de Trinil, en Sangiran, o seu primeiro descubrimento foi unha mandívula inferior con catro dentes intactos e en 1937 atopou un cranio humano, dun Pitecántropo, entre 1939 e 1941 atopou máis restos, os restos foron atribuídos a un Pithecanthropus erectus e hoxe clasificados como Homo erectus.