Gustau Biosca
Gustau Biosca Pagés, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 29 de febreiro de 1928 e finado en Barcelona o 1 de novembro de 2014,[1] foi un futbolista catalán. Xogaba de defensa e xogou a práctica totalidade da súa carreira no FC Barcelona.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de febreiro de 1928 L'Hospitalet de Llobregat, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 1 de novembro de 2014 (86 anos) Barcelona (España) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 69 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol, actor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1950 - 1979 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarFoi defensa do FC Barcelona entre 1950 e 1958, debutou o 8 de outubro de 1950 fronte ó Valencia CF. Até a tempada 57-58, ano no que deixou o fútbol, completou 139 encontros en primeira división, sempre coa camisola azulgrana, nos que anotou tres goles, e 11 encontros internacionais coa selección española. Coma adestrador, liderou a equipos coma o Pontevedra CF, ou o Real Valladolid e foi axudante de Ladislao Kubala en varios clubs e na selección de Romanía.
Porén, Biosca, que participou coma actor nalgunhas películas ao longo dos anos 50, acadou sona polo seu romance coa diva flamenca Lola Flores.
No libro de Vizcaíno Casas Las anécdotas del cine español (2000) aparece no seguinte relato:
"Lola Flores foi na súa xuventude tan apaixoada no amor coma no cante. Un dos seus romances máis intensos o mantivo co futbolista do Barcelona Gustavo Biosca. Cando o rapaz lle comunicou que, sentíndoo moito, tiñan que remata-la súa relación porque decidira endereza-la súa vida, Lola (que se namoraba profundamente dos seus homes, aínda que o arrebato lle duraba pouco) rogoulle que, ó menos, tivesen un encontro de despedida"[Cómpre referencia]
.