Gurdial Singh
Gurdial Singh Rahi (punjabi: ਗੁਰਦਿਆਲ ਸਿੰਘ), nado en Bhaini Fateh o 10 de xaneiro de 1933 e finado en Bathinda o 16 de agosto de 2016, foi un escritor en punjabi da India.
Nome orixinal | (ta) குர்தியால் சிங் |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de xaneiro de 1933 Jaitu, India (pt) |
Morte | 16 de agosto de 2016 (83 anos) Bathinda, India (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India (1950–) Dominio da India (1947–1950) Raj Británico (–1947) |
Actividade | |
Ocupación | escritor , novelista , guionista , escritor de contos |
Lingua | Lingua punjabi |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
|
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarNaceu nunha pequena localidade preto de Jaitu no Punjab británico. Seu pai Jagat Singh, era carpinteiro e súa nai, Nihal Kaur, ama de casa.[1] Gudial empezou traballar como carpinteiro aos 12 anos para axudar á súa familia .[1] Seguiu a estudar mentres traballaba, e cando tiña 14 anos casou con Balwant Kaur. En 1962 era mestre de escola en Nandpur Kotra mentres estudaba inglés e historia na universidade.[1]
Literatura
editarEn 1957[1] publicou o seu primeiro relato, "Bhaganwale" na revista Panj Darya, e seguiron outros que publicou en Preetlari. A súa primeira novela, Marhi Da Deeva, editada en 1964 consagrouno como un autor recoñecido tanto pola crítica como polo público[2], converténdose nun dos principais novelistas en punjabí con títulos como Anhoe (1966), Addh Chanani Raat (1972), Anhe Ghore Da Daan (1976) e Parsa (1991). Tamén publicou coleccións de relatos: Saggi Phull (1962), Kutta Te Aadmi (1971), Begana Pind (1985) e Kareer Di Dhingri (1991) e as autobiografías Neean Mattiyan (1999) e Dojee Dehi (2000) publicada en dúas partes. Moita da súa obra trata dos marxinados no Punjab rural cun uso intenso do dialecto malwai.[3] Escribiu tamén relatos para nenos e algunhas das súas novelas leváronse ao cine.[4] Gañou algúns dos premios literarios máis prestixiosos da India como o Sahitya Akademi (1975), Padma Shri (1998) e o Jnanpith (2000).[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Life’s own voice". 18 de marzo de 2000.
- ↑ Tarasema, Amara e Sushil, Kumar (2006). Re-readings of Gurdial Singh's Fiction. Chandigarh: Unistar Books. pp. viii.
- ↑ "Much-feted Punjabi writer Gurdial Singh passes away at 83". Hindustan Times. 16 de agosto de 2016.
- ↑ "Jnanpith awardee, Punjabi writer Gurdial Singh dies at 83". The Tribune. 16 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2016.
- ↑ Dutt, Nirupama Dutt (17 de agosto de 2016). "Gurdial Singh (1933-2016): Man who gave Punjabi fiction its first Dalit hero". Hindustan Times.