Günter Blobel
(Redirección desde «Gunter Blobel»)
Günter Blobel é un bioquímico xermanoestadounidense que recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina o 1999 polos seus traballos realizados na década de 1970, ao descubrir que as proteínas teñen sinais intrínsecos que gobernan o seu transporte e situación na célula.
Günter Blobel | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 21 de maio de 1936 |
Lugar | Waltersdorf, Prusia (actual Polonia) |
Falecemento | 18 de febreiro de 2018 |
Lugar | Nova York |
Causa | cancro de próstata |
Nacionalidade | Alemaña nazi, Alemaña e Estados Unidos de América |
Etnia | xermanos estadounidense |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | Universidade de Tubinga, Universidade de Wisconsin-Madison, Universidade de Múnic, Universidade de Freiburg im Breisgau, Universidade de Kiel e Universidade de Frankfurt |
Director de tese | George Emil Palade |
Contribucións e premios | |
Premios | Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1999 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Naceu en Waltersdorf, Prusia (actual Polonia) e nacionalizouse estadounidense en 1987. En 1967 graduouse en oncoloxía, realizou toda a súa carreira na Universidade Rockefeller de Nova York, da que é profesor e en cuxo laboratorio de bioloxía celular (no Instituto Médico Howard Hughes) traballa actualmente.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |