Gundián, A Ponte Ulla, Vedra
Gundián é un lugar da parroquia da Ponte Ulla, no concello de Vedra.
Gundián | |
---|---|
![]() Santuario de Gundián | |
Parroquia | A Ponte Ulla |
Concello | Vedra |
Poboación | 2 hab. (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia editar
En 1709 puxéronse barcas para cruzar o río, polas que eran transportadas as mercadorías que ían de Ourense e do Ribeiro cara a Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol. Aínda que en 1737 foi concedido o permiso para reedificar as pontes estragadas polas riada, no ano 1926 seguían activas as barcas do Ulla. A ponte da Ulla (coñecida na actualidade como A Ponte Vella) rematouse en 1835.
No lugar de Gundián, aséntanse dúas grandes pontes ou viadutos para as dúas vías ferroviarias entre Ourense e A Coruña, a antiga (chamada ponte de Gundián) e a recente, o Viaduto do Eixo. Nas proximidades da ponte vella está o miradouro de Gundián.
Galería de imaxes de Gundián editar
-
A ponte de Gundián
-
As dúas pontes de Gundián
-
A ponte nova
-
A vía do tren, entrando na ponte vella
-
Miradoiro de Gundián
Lugares e parroquias editar
Lugares da Ponte Ulla editar
Lugares da parroquia da Ponte Ulla no concello de Vedra (A Coruña) | |
---|---|
Caldelas | O Castro | O Figueiredo | Gundián | Noveledo | A Ponte Ulla | O Pumariño | A Ramalleira | Reboredo | A Retorta | San Xoán da Cova | Santardao | Vista Alegre |