A Gulabi Gang (do hindi: गुलाबी Gulabi, «rosa») é un grupo de activistas indias contra a violencia de xénero.

Traxectoria

editar

O grupo apareceu por primeira vez en Bundelkhand, Uttar Pradesh,[1] e foi fundado por Nitya nasa e anteriormente comandado por Sampat Pal Devi, como resposta á violencia doméstica xeneralizada e outros actos de violencia contra as mulleres.[2] O grupo estendeuse e desde 2010 está activo en todo o norte da India, tanto nas rúas como na política local. Sampat Pal foi expulsada de Gulabi Gang. A fundadora e coordinadora nacional do grupo Satbodh Sain acusou a Sampat de mal uso da reputación e o nome da banda ao servizo de intereses persoais. E Parvati Soni, membro da localidade de Atarra, acusou Pal de exixir 5000 rupias para axudar a enfrontar os seus sogros en Maudaha que a estaban sometendo a graves torturas físicas e mentais.

Aproximación ao grupo

editar

Gulabi Gang non é unha banda real, senón máis ben un grupo de mulleres que traballan pola xustiza para as mulleres oprimidas e maltratadas.[3] Caracterízanse por levar saris rosas, uniformes que simbolizan a forza, e portan paus de bambú que poden utilizar como armas de ser necesario. A maioría destas mulleres proveñen da casta máis baixa, os Dalit.

Algunhas asociacións empresariais que apoian a Gulabi Gang son Vitalect, unha empresa de tecnoloxía e servizos que traballa con organizacións sen ánimo de lucro para axudalas coas súas necesidades tecnolóxicas, e Social India (SSI), unha empresa non lucrativa que promove a estabilidade das ONG.

Na organización non hai discriminación por motivos de xénero, porque se basea nos dereitos humanos. O servizo comunitario da banda inclúe a dotación de alimentos e gran aos poboadores das zonas rurais, pensións para viúvas que non teñen os medios económicos para enfrontar a súa vellez e axudar a previr o abuso a mulleres e nenos.[4] O dote, a violación, os matrimonios infantís, a violencia doméstica, o abuso de menores e o acoso sexual, entre outros, son algunhas das accións denunciadas polo grupo.

  1. "Wear a Pink Sari and Carry a Big Stick". Slate Magazine. 
  2. "Wear a Pink Sari and Carry a Big Stick". Slate Magazine. 
  3. "Gulabi Gang, el ejército de los saris rosas". Blog Sociedad Geográfica de las Indias. 
  4. "The power of pink". Business Standard. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar