Guillermo Salgueiro Abad

empresario e político galego

Guillermo Salgueiro Abad, é un empresario e político galego do PPdeG.

Guillermo Salgueiro Abad
Nacementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e empresario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Empresario de hostalería. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular á alcaldía de Ourol e foi elixido alcalde de Ourol grazas ao apoio do concelleiro do CDS. Nas municipais de 1991 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e obtivo a maioría absoluta. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas seguintes eleccións até que en 2007 foi substituído por Marcial Sanjurjo Fernández. Residía en Viveiro, e na súa última etapa en Sevilla por razóns de negocios.


Predecesor:
Euloxio Rubert Méndez
  
Alcalde de Ourol
 
1987 - 2007
Sucesor:
Marcial Sanjurjo Fernández

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar