Abrir o menú principal

Guillermo Cedrón

político galego

Guillermo Cedrón Gómez, nado en Ferrol e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.

Guillermo Cedrón
 Ferrol
Falecemento18 de agosto de 1936
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Home de negocios na Habana, onde foi fundador e primeiro secretario da asociación Ferrol y su Comarca en 1909[1] e da que foi presidente en 1911[2]. Retornou a Galicia en 1917 establecéndose na Coruña[3]. Foi viaxante de comercio e exerceu como mestre. Vinculado ás Irmandades da Fala, participou na I Asemblea Nacionalista. Militou no PCE e organizou e presidiu o raio comunista de Ferrol. Foi delegado na Federación comarcal da UGT de Ferrol[4]. Conferenciante habitual no Ateneo Ferrolano. Foi candidato polo PCE nas eleccións de novembro de 1933. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 10 de outubro[5]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi inculpado nunha causa militar en Ferrol e posto a disposición gobernativa. Morreu en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

ObrasEditar

  • El Comunismo y el proletariado español, 1931.

NotasEditar

  1. El Correo Gallego, 8-9-1909, p. 1.
  2. El Tea, 6-5-1911, p. 3.
  3. El Ideal Gallego, p. 3.
  4. El Correo Gallego, 20-1-1932, p. 4.
  5. El Correo Gallego, 11-10-1934, p. 1.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar