A que non sabes quen vén cear esta noite?

filme de 1967 dirixido por Stanley Kramer
(Redirección desde «Guess Who's Coming to Dinner»)

A que non sabes quen vén cear esta noite?[5] (en inglés: Guess Who's Coming to Dinner) é un filme estadounidense dirixido por Stanley Kramer que se estreou no 1967. Está protagonizado por Spencer Tracy, Katharine Hepburn, Sidney Poitier, Katharine Houghton e Cecil Kellaway nos papeis principais. É un filme satírico cara á sociedade estadounidense, cuxo tema central ten as súas bases na discriminación imperante na época da súa realización. Estreouse en galego na TVG o 15 de maio de 1992.[6]

A que non sabes quen vén cear esta noite?
Katharine Hepburn e Spencer Tracy no avance do filme.
Ficha técnica
Título orixinalGuess Who's Coming to Dinner
DirectorStanley Kramer
ProdutorStanley Kramer
GuiónWilliam Rose
IntérpretesSpencer Tracy
Sidney Poitier
Katharine Hepburn
Katharine Houghton
Cecil Kellaway
Beah Richards
Roy E. Glenn
MúsicaFrank DeVol
FotografíaSam Leavitt
MontaxeRobert C. Jones
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea 12 de decembro de 1967
Galicia 15 de maio de 1992 (TVG)
Duración108 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia, drama
Orzamento$4 000 000[2]
Recadación$56 666 667 (USA)[3]
$70 000 000 (Internacional)[4]
Na rede
IMDB: tt0061735 Filmaffinity: 420852 Allocine: 12693 Rottentomatoes: m/guess_whos_coming_to_dinner Mojo: guesswhoscomingtodinner Allmovie: v21044 TCM: 23790 Metacritic: movie/guess-whos-coming-to-dinner TV.com: movies/guess-whos-coming-to-dinner Netlix: 564122Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

O filme inicia cando Joanna Drayton, (Katharine Houghton), filla de Christina (Katharine Hepburn) e Matt Drayton (Spencer Tracy), un matrimonio acomodado, chega a casa acompañada por un médico afroamericano chamado John Prentice (Sidney Poitier), presentándollelo ós seus pais e anunciándolles que van casar. Aínda que son liberais e non teñen prexuízos raciais, o pai cre que un matrimonio como este fracasará inexorablemente debido á presión social.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

  1. Video Hound's Golden Movie Retriever: The Complete Guide to Movies on Videocassette and DVD. Gale. 2004. p. 355. ISBN 0-7876-7470-2. 
  2. BoxOfficeMojo.com
  3. "Guess Who's Coming to Dinner, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 8 de marzo de 2012. 
  4. "Guess Who's Coming to Dinner, Box Office Information". IMDb. Consultado o 8 de marzo de 2012. 
  5. Xornal de Galicia
  6. La Voz de Galicia, 15 de maio de 1992. Páx. 79, co título ¿A que non sabes quen vén esta noite?

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar