Guerra dos Ducados
No contexto do panxermanismo e da unificación alemá, prodúcese a guerra entre Prusia e Dinamarca en 1864.
Austria e Prusia esixiron a Cristián IX de Dinamarca -rei dinamarqués-, os ducados do Elba, de fala xermana. Vencido o rei dinamarqués, cedeu o ducado de Lauenburgo a Prusia e os de Schleswig e Holstein a unha administración conxunta austroprusiana. Esta administración conxunta non conviviría moito cos desexos prusianos de obte-la hexemonía entre os estados alemáns. Pouco tempo despois produciríase a guerra austro-prusiana.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guerra dos Ducados |