Abrir o menú principal

Barcelona en Comú

(Redirixido desde "Guanyem Barcelona")

Barcelona en Comú, inicialmente denominada Guanyem Barcelona, é unha plataforma cidadá, constituída en partido político[1], co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015 na cidade de Barcelona. A súa candidata á alcaldía e unha dos seus principais impulsores é a activista Ada Colau, ex voceiro da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).

Barcelona en Comú
Partido político de Barcelona
Logo Guanyem Barcelona.png
Dirixentes e organización
LíderAda Colau
Historia
Fundación26 de xuño de 2014
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia participativa
Dereito á autodeterminación
Ecoloxismo
Populismo
Xustiza social
Representación
Concelleiros en Barcelona
11 / 41
Outros datos
Páxina webbarcelonaencomu.cat

Conflúen no proxecto os partidos Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo, Procés Constituent e Podem.

A formación foi a lista máis votada nas eleccións de 2015 en Barcelona cun concelleiro máis que CiU, a segunda forza.[2]

NotasEditar

  1. "Rexistro de partidos políticos". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 10 de xuño de 2015. 
  2. Colau gaña pola mínima en Barcelona

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar