Guía de campo

Unha lámina de especie de The Crossley ID Guide: Eastern Birds, ilustrando diferentes plumaxes do Pilro groso.

Unha guía de campo é un libro deseñado para axudar ó lector a identificar vida salvaxe (plantas ou animais) ou outros obxectos de ocorrencia natural (p.x. minerais). Xeralmente está deseñada para ser levada ao 'campo' ou área local, onde tales obxectos existen, para axudar a distinguir entre obxectos similares.[1] As guías de campo a miúdo están deseñadas para axudar ós usuarios a distinguir animais e plantas que poden ser similar en aparencia, mais non están necesariamente estreitamente relacionados.

Tipicamente incluirá unha descrición dos obxectos que cubre, xunto con debuxos ou fotografías e un índice. Os libros de identificación de campo máis serios e científicos, incluídos os creados especialmente para estudantes, probabelmente incluirán chaves de identificación para axudar coa identificación, pero as guías de campo accesibles ó público xeral a miúdo son só son unha guía de imaxes ordenadas organizadas por familia, cor, forma, localización ou outro descritor.

HistoriaEditar

O interese popular en identificar cousas na natureza probabelmente era máis forte en guías de paxaros e de plantas. Quizais a primeira guía de campo de plantas popular nos Estados Unidos foi a How to Know the Wildflowers de 1893 de "William Starr Dana" (Frances Theodora Parsons). En 1890, Florence Merriam publicou Birds Through an Opera-Glass, describindo 70 especies comúns. Centrado en paxaros vivos observados no campo, o libro é considerado o primeiro na tradición de guías de paxaros modernas e ilustradas.[2] En 1902, xa escribindo como Florence Merriam Bailey (tendo casado o zoólogo Vernon Bailey), publicou Handbook of Birds of the Western United States. Por contraste, o Handbook está deseñado como referencia comprensible para o laboratorio máis que un libro de peto para o campo. Foi axeitado á orde taxonómica e contiña descricións claras do tamaño das especies, distribución, alimentación, e costumes de aniñamento.[3]

Desde este punto ata a década de 1930, características das guías de campo foron presentadas por Chester A. Reed e outros, como cambiar o tamaño do libro para coller no peto, incluíndo ilustracións a cor, e producindo guías en edicións uniformes que cubriron asuntos como xardíns e flores de bosque, cogomelos, insectos e cans.[4]

En 1934, Roger Tory Peterson, utilizando a súa gran habilidade como artista, mudou o xeito no que as guías de campo modernas achegaban a identificación. Utilizando imaxes a cor con debuxos de especies similares xuntas – e marcado con frechas que mostran as diferenzas– as persoas poderían utilizar a súa guía de paxaros no campo para comparar especies rapidamente para facer a identificación máis doada. Esta técnica, o "Sistema de Identificación Peterson", foi utilizado na maioría das guías de campo de Peterson dende rastros de animais a cunchas e foi amplamente adoptado por outros editores e autores.

Hoxe en día, cada guía de campo ten o seu propio rango, foco e organización. Editores especialistas como Croom Helm, xunto con organizacións como a Society Audubon, o RSPB, o Field Studies Council, National Geographic, HarperCollins, e moitos outros, todos producen guías de campo de calidade.

PrincipiosEditar

É un pouco difícil xeneralizar sobre como se pretenden usar as guías de campo, porque isto varía dende unha guía a outra, en parte dependendo en como de experto é o lector destinatario.

Para uso público xeral, a función principal dunha guía de campo é para axudar o lector a identificar un paxaro, planta, rocha, bolboreta ou outro obxecto natural ata polo menos o nivel de nome popular. Para este fin algunhas guías de campo empregan chaves sinxelas e outras técnicas: normalmente anímase ó lector a buscar nas ilustracións ata atopar unha coincidencia, e a comparar escollas que son semellantes utilizando información sobre as súas diferenzas. As guías a miúdo están deseñadas para dirixir primeiro ós lectores á sección apropiada do libro, onde as eleccións non son tan atafegantes en número.

As guías para estudantes a miúdo presentan o concepto de chaves de identificación. Guías de campo de plantas como Newcomb's Wildflower Guide (a cal está limitada en alcance ás flores silvestres do nordeste de Norte América) frecuentemente teñen unha chave abreviada que axuda a limitar a procura.[5] As guías de insectos tenden a limitar a identificación ós niveis de orde ou familia máis que a especies individuais, debido á súa diversidade.

Moitos taxóns amosan variabilidade e a miúdo é difícil captar as características constantes usando un número pequeno de fotografías. As ilustracións de artistas ou o posprocesamento de fotografías axuda a resaltar as características específicas necesarias a para identificación fiábel. Peterson presentou a idea de liñas para sinalar estas características chave. Tamén comentou as vantaxes das ilustracións sobre as fotografías:

Un debuxo pode facer moito máis que unha fotografía para enfatizar as marcas de campo. A fotografía é un rexistro dun instante fugaz; un debuxo é unha composición da experiencia do artista. O artista pode editar, amosar as marcas de campo co máximo proveito e eliminar desordes innecesarias. Pode elixir a posición e a carga básica de cor e patrón sen modificacións por luz e sombras transitorias. ... O artista ten máis opcións e moito máis control ... Mentres que unha fotografía pode ter unha inmediatez viva, un bo debuxo é realmente máis instrutivo. (Esta pasaxe non foi escrita por Roger Tory Peterson, senón pola súa esposa, Virginia Marie Peterson, no prefacio dunha das guías de campo de Peterson).[6] Esta pasaxe tamén foi citada por Law e Lynch (1988).[7])

As guías de campo axudan a mellorar o estado de coñecemento de varios taxóns. Ó facer que o coñecemento de especialistas experimentados de museo estea dispoñible a afeccionados, aumentan a reunión de información por afeccionados dunha área xeográfica máis ampla e aumentan a comunicación destes descubrimentos aos especialistas.[8]

NotasEditar

  1. The International Field Guides Database. Diane Schmidt. Consultado o 2 de setembro de 2014.
  2. Barrow, Mark V. (1998). A Passion for Birds: American Ornithology after Audubon. Princeton, NJ: Princeton University Press. pp. 156–157. ISBN 9780691044026. 
  3. Kofalk, Harriet (1989). No Woman Tenderfoot: Florence Merriam Bailey, Pioneer Naturalist. College Station, TX: Texas A&M University Press. pp. 103–104. ISBN 0-89096-378-9. 
  4. Dunlap, Thomas R. (2011). In the Field, Among the Feathered: A History of Birders & Their Guides. New York, NY: Oxford University Press. pp. 43–44. ISBN 9780199734597. 
  5. Newcomb, Lawrence (1977). Newcomb's Wildflower Guide. New York, NY: Little, Brown and Company. ISBN 978-0-316-60442-0. 
  6. Peterson, Roger Tory (1989). A Field Guide to the Birds: Eastern and Central North America. Houghton Mifflin Harcourt. pp. xi. 
  7. Law, John; Michael Lynch (1988). "Lists, Field Guides, and the Descriptive Organization of Seeing: Birdwatching as an Exemplary Observational Activity". Human Studies 11 (2/3): 271–303. 
  8. Pearson, D. L.; Shetterly, J. A. (2006). "How do published field guides influence interactions between amateurs and professionals in entomology?". American Entomologist 52 (4): 246–252.