Gritos en el pasillo


Gritos en el pasillo é un filme de animación español do ano 2006, dirixido e escrito por Juanjo Ramírez.

Gritos en el pasillo
Ficha técnica
DirectorJuanjo Ramírez; dirección artística: Raúl López Serrano
ProdutorAlberto López Garrido e Manuel Cristóbal
GuiónJuanjo Ramírez
MúsicaAndrés De La Torre e Javier López Vila
Estrea2006
Duración77 minutos
OrixeEspaña España
XéneroAnimación
Na rede
http://www.gritosenelpasillo.es
IMDB: tt0882987 Filmaffinity: 715013 Allmovie: v551527 TCM: 675111 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Un prestixioso ilustrador de contos infantís é contratado polo director dun manicomio. A súa misión alí será decorar as paredes cos seus debuxos, para mellorar o ambiente do lugar. Parece un traballo sinxelo, pero as cousas complícanse cando o debuxante descobre un escuro corredor tras o que se escoitan uns berros arrepiantes.

Personaxes editar

Debuxante editar

Prestixioso ilustrador de contos infantís. Reprimido dende a infancia, pois educouse nunha familia que consideraba os artistas xente inútil e desprezable. Iso converteu o noso protagonista nun tipo inseguro e influenciable, acostumado a cruzarse de brazos ante os problemas. Pero iso vai cambiar, debuxante. Porque os perigos que che rondan no interior do MANÍ-comio obrigarante a tomar unha decisión: Sobrevivir... ou caducar.

Enfermeiro xefe editar

É a man dereira do director do MANÍ-comio. Sinistro, enigmático, tan inestable coma os caducados mentais que custodia. Caerlle mal é o peor que che pode ocorrer alí dentro. Mala sorte, amigo debuxante: Ti cáeslle mal. Moi mal...

Marita editar

A caducada mental máis singular do MANÍ-comio. Compórtase coma unha nena, intentando fuxir dos horrores que a atormentan. É única para idear formas de facerse dano. Ri coma os anxos. Chora coma as almas en pena. É adorable. É irritable. Farache rir. Farache tremer. Quererás abrazala. Quererás asasinala...

Director do manicomio editar

Probablemente o cacahuete máis vello do centro para caducados mentais. É a cara amable dese sinistro lugar. Diríxese ós seus con circunspección e bondade. Si, amigo debuxante. Este velliño podería ser o teu mellor aliado, de non ser por un pequeno detalle: cando lle contes o que che está pasando, non te crerá.

Herr Doctor editar

¿Onde se refuxia un doutor nazi cando a súa patria perde a guerra? ¡No noso MANÍ-comio, por suposto! Impón a disciplina e a saúde mental cos procedementos máis extremos. Procedementos baseados na nosa mellor amiga: A electricidade.

Ligazóns externas editar