Gregory J. Harbaugh

Astronauta estadounidense

Gregory Jordan Harbaugh, nado en Cleveland (Ohio), o 15 de abril de 1956, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-39, STS-71, STS-82 e STS-54.[1][2]

Gregory J. Harbaugh
Gregory J. Harbaugh portrait.jpg
Datos persoais
Nacemento15 de abril de 1956
LugarCleveland
Actividade
MisiónsSTS-39, STS-71, STS-82 e STS-54
Tempo no espazo34,08 días
PremiosMedalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Harbaugh graduouse en enxeñería aeronáutica e astronáutica pola Universidade Purdue en 1978 e é máster en física pola Universidade de Houston-Clear Lake en 1986.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1987. Participou nas misións STS-39, STS-71, STS-82 e STS-54 e pasou un total de 34,08 días no espazo. Deixou a axencia en marzo de 2001.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Harbaugh, Gregory Jordan" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (abri lde 2001). "GREGORY J. HARBAUGH (MR.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar