Greg Monroe

baloncestista estadounidense

Gregory Keith Monroe, Jr., nado o 4 de xuño de 1990 en Harvey, Luisiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Greg Monroe
Axente libre
Posición Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 4 de xuño de 1990 (33 anos)
Harvey, Luisiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10Q in)
Peso oficial 120 kg (265 lb)
Información da carreira
Instituto Helen Cox (Harvey, Louisiana)
Universidade Georgetown (2008–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por Detroit Pistons
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Detroit Pistons (2010–2015)
Milwaukee Bucks (2015–2017)
Phoenix Suns (2017–2018)
Boston Celtics (2018)
Toronto Raptors (2018–2019)
Boston Celtics (2019)
Philadelphia 76ers (2019)
Bayern München (2019–2020)
Khimki (2020–2021)
Capital City Go-Go (2021)
Minnesota Timberwolves (2021–2022)
Washington Wizards (2022)
Capital City Go-Go (2022)
Milwaukee Bucks (2022)
Capital City Go-Go (2022)
Utah Jazz (2022)
Minnesota Timberwolves (2022)

Traxectoria profesional editar

Monroe foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Detroit Pistons. O 7 de xullo de 2010, Monroe asinou polos Pistons.[1] Fixo o seu debut na NBA o 30 de outubro de 2010 contra os Chicago Bulls. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 10 de decembro de 2010 contra os Minnesota Timberwolves. Nese partido, Monroe anotou 8 puntos, capturou 15 rebotes e fixo un tapón en 35 minutos de xogo.

Monroe rematou na sexto posición no galardón ao Rookie do Ano da NBA, moi preto de Gary Neal dos San Antonio Spurs, quinto clasificado.[2]

O 9 de xullo de 2015, Monroe asinou un contrato de tres anos e 50 millóns de dólares cos Milwaukee Bucks.[3]

O 7 de novembro de 2017, Monroe foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións do Draft ós Phoenix Suns a cambio de Eric Bledsoe.[4] O 1 de febreiro de 2018, foi cortado polos Suns.[5]

O 8 de febreiro de 2018, Monroe asinou cos Boston Celtics.[6]

O 10 de agosto de 2018, Monroe asinou cos Toronto Raptors.[7] O 7 de febreiro de 2019, Monroe foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Brooklyn Nets, pero foi cortado inmediatamente polos Nets.[8]

Notas editar

  1. Pistons sign Monroe
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  3. "Bucks sign Greg Monroe". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 11 de xullo de 2015. 
  4. "Suns Acquire Greg Monroe and Two Draft Picks from Milwaukee". NBA.com. 7 de novembro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  5. "Phoenix Suns Waive Greg Monroe". NBA.com. 1 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  6. "Boston Celtics sign center Greg Monroe". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de abril de 2018. 
  7. "Raptors Sign Greg Monroe". NBA.com. August 10, 2018. Consultado o August 14, 2018. 
  8. "Brooklyn Nets complete trade with Toronto Raptors". NBA.com. 7 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar