Greg Dulli

músico estadounidense

Greg Dulli, nado o 11 de maio de 1965, é un músico estadounidense de Hamilton, Ohio. Tras debutar na banda de rock Afghan Whigs en 1986, Dulli foi membro de The Twilight Singers e The Gutter Twins, e en 2020 lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Random Desire. Duli é coñecido como a voz de John Lennon no filme de 1994 Backbeat, produciu música de artistas como Afterhours,[1] e ten colaborado habitualmente con Mark Lanegan e Joseph Arthur.[2][3][4]

Modelo:BiografíaGreg Dulli

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Hamilton, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositor, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSub Pop Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0241345 Allocine: 510653 Allmovie: p235456
MySpace: twilightsingers Spotify: 2dxi3wnJ9h9kNioaWyIpYd Musicbrainz: 0b17f0c3-9e37-4863-ab92-2c5be31e6e53 Songkick: 458141 Discogs: 24071 Allmusic: mn0000159583 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Primeiros anos

editar

Dulli medrou en Hamilton, Ohio.[5] En 1983 estudou cine na Universidade de Cincinnati, pero deixou a carreira despois dun ano e medio, mudándose aos Ánxeles onde traballou en Tower Records, en Sunset Boulevard, mentres intentaba converterse en actor.[5][6] Inspirado para converterse en músico pola banda The Dream Syndicate, Dulli regresou a Cincinnati e formou un grupo chamado The Black Republicans.[5][6]

The Afghan Whigs

editar
Artigo principal: The Afghan Whigs.

Dulli formou The Afghan Whigs a finais de 1986 co baixista John Curley, que tamén fora membro de The Black Republicans, e o guitarrista Rick McCollum, co que Dulli compartía o seu amor polo R&B, e aos que despois se uniu o batería Steve Earle.[7][8] A banda publicou independentemente o seu álbum de estrea, Big Top Halloween, en 1988,[9] o cal fora gravado no estudio caseiro de Curley.[7] O disco chamou a atención de Jonathan Poneman, o cofundador do selo indie de Seattle Sub Pop, que fichou á banda en 1989.[6] The Afghan Whigs publicou o seu primeiro álbum con Sub Pop, Up in It, en 1990, seguido en 1992 por Congregation.[7]

O éxito da banda fixo que fichasen coa major Elektra Records en 1992,[6] onde publicaron Gentlemen (1993) e Black Love (1996).[7] En 1994 Dulli apareceu en Backbeat, un filme que detalla os anos dos Beatles antes de volverse famosos, onde interpretaba a voz cantada de John Lennon.[7] Dulli tamén apareceu no álbum de estrea de Foo Fighters en 1995, como o único músico acreditado ademais de Dave Grohl.[10] En 1997 Dulli mudouse a Nova Orleans, alugando a casa do guitarrista de R.E.M. Peter Buck.[11] Dulli yamén traballou cos directores Ted Demme e Joel Stillerman para producir un guión cinematográfico baseado na novela de Ann Imbrie Spoken in Darkness (1993), que Elektra aceptou financiar como parte do contrato da banda en 1992, aínda que a película nunca se fixo.[12]

Decepcionados coa xestión e a falta de promoción en Elektra, a banda fichou por Columbia Records (que tivo que pagar a Elektra polo contrato), e en 1998 a banda lanzou 1965,[7] na mesma época na que Duli estaba recibindo tratamento por depresión.[13] Durante a xira de promoción de 1965, Dulli foi golpeado por un empregado dun club de Texas ata que lle fracturou o cranio, entrando en coma. Porén, recuperouse e volveu a tocar dous meses despois.[14]

A banda non volveu a actuar xunta dende setembro de 1999, e en febreiro de 2001 anunciou a súa disolución, citando as dificultades de traballar conxuntamente cando cada membro vivía en diferentes estados dos Estados Unidos.[15][16] Dulli mercou Short Stop, un bar dos Ánxeles, pouco despois do anuncio.[17]

The Twilight Singers e The Gutter Twins

editar
Artigos principais: The Twilight Singers e The Gutter Twins.
 
Dulli con The Twilight Singers en 2006

Tras a desaparición de The Afghan Whigs, The Twilight Singers converteuse no principal proxecto musical de Dulli. Formada en 1997 como un proxecto paralelo con músicos de Nova Orleans, a banda publicou o seu primeiro álbum, Twilight as Played by The Twilight Singers, en 2000.[18] Dulli comezou a traballar nun disco en solitario, pero debido á morte do seu bo amigoTed Demme as sesións foron arquivadas, e Dulli inspirouse para escribir o segundo álbum da banda, Blackberry Belle (2003).[19][20] O material en solitario escrito por Dulli editouse finalmente como Amber Headlights en 2005.[19] The Twilight Singers lanzou o álbum de versións She Loves You en 2004, seguido por Powder Burns en 2006, e Dynamite Steps en 2011.

Dulli e Mark Lanegan formaron un grupo chamado The Gutter Twins e ficharon por Sub Pop en 2008, publicando o seu primeiro álbum, Saturnalia,[21] e o EP Adorata ese mesmo ano.[22] Dulli coñecera a Lanegan a principios dos 90, e fixéranse amigos e colaboradores dende o ano 2000.[23] Posteriormente nese ano, Dulli lanzou un álbum ao vivo en solitario, con material gravado no The Triple Door de Seattle, para recadar fondos para A Drink for the Kids de The Vera Project.[24] Dulli lanzou un sinxelo en solitario en 2009, versionando os temas de Eddie Hinton "Hard Luck Guy" e "Cover Me", como parte da serie de tributos en vinilo a Hilton de Shake It Records.

En outubro de 2010, por primeira vez na súa carreira, Greg Dulli embarcouse nunha xira en solitario, realizando vinte e nove concertos en cinco países diferentes.[25]

Regreso de The Afghan Whigs e estrea en solitario

editar

En 2011 The Afghan Whigs anunciou a súa reunión, sendo a primeira vez que estarían xuntos dende a gravación de dous temas en 2006 para o recompilatorio da banda Unbreakable: A Retrospective 1990-2006.[26][16] O grupo xirou internacionalmente no seu regreso, tocando en 16 países,[16] e no ano seguinte Dulli aliouse con Steve Kilbey de The Church para varias actuacións en directo nos Ánxeles.[27]

En 2014 a banda publicou o seu primeiro álbum en 16 anos, Do to the Beast, que se estreou no número 32 da lista Billboard 200.[28] No ano 2017 publicaron un novo álbum de estudio, titulado In Spades.[29]

Tras o lanzamento de In Spades e a morte do guitarrista de The Afghan Whigs Dave Rosser, Dulli comezou a traballar no seu primeiro álbum en solitario.[29][30] O traballo, Random Desire (2020), tomou influencia dos métodos de escritura e interpretación de case todos os instrumentos nos discos de Prince e Todd Rundgren.[29] A xira de Dulli para o álbum ía ser orixinalmente unha xira internacional de marzo a maio, pero esta foi adiada debido aos efectos da pandemia de COVID-19.[31]

  1. Clarke, Betty (2006-11-24). "Afterhours, Ballads For Little Hyenas". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-01-12. 
  2. Hugheslast, Rob (2022-02-22). "The Mark Lanegan albums you should definitely own". louder (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  3. "Joseph Arthur, Patrick Carney & Greg Dulli Debut Indie-Folk Collaboration “Seek and Find” -". mxdwn Music (en inglés). 2019-09-20. Consultado o 2025-01-12. 
  4. Graff, Gary (2020-02-18). "Greg Dulli Debuts ‘A Ghost’ From First Solo Album ‘Random Desire’: Premiere". Billboard (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Cromelin, Richard (1994-01-22). "Whigged Out : Group's 'Gentlemen' Delves Into Dark Psyche of '90s Male". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Arnold, Gina. "He stole the soul". Dallas Observer (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Afghan Whigs Waiting In Wings For Stardom". The Seattle Times. Consultado o 2025-01-12. 
  8. "The Afghan Whigs Songs, Albums, Reviews, Bio &...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  9. Gendron, Bob (2008). Gentlemen. 33 1/3. New York: Continuum. pp. 11-15. ISBN 978-0-8264-2910-0. 
  10. Foege, Alec (1995-08-10). "Foo Fighters". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  11. Welch, Michael Patrick (2006-06-01). "Twilight in New Orleans". OffBeat Magazine (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  12. Weiss, Dan (2014-11-12). "The Afghan Whigs Dissect 'Gentlemen,' Track By Track". SPIN (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  13. "Afghan Whigs Bare Almost All / Lead singer Dulli finds joy again in sensual, life-affirming `1965'". Sfgate. Consultado o 12 de xaneiro de 2025. 
  14. Leach, Rick (2017-08-10). "The Afghan Whigs: a personal story and Voodoo Soul". Getintothis (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  15. "LO-FIS TURN TO NEW DULLI". NME (en inglés). 2001-02-08. Consultado o 2025-01-12. 
  16. 16,0 16,1 16,2 "The Afghan Whigs Announce Summer 2012 Reunion Tour Dates -". mxdwn Music (en inglés). 2012-05-15. Consultado o 2025-01-12. 
  17. "Former Afghan Whigs Leader Buys L.A. Bar". Billboard (en inglés). 2001-02-23. Consultado o 2025-01-12. 
  18. "The Twilight Singers Songs, Albums, Reviews, B...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  19. 19,0 19,1 "Lazy-I Interview: Greg Dulli (The Twilight Singers) -- November 2003". www.timmcmahan.com. Consultado o 2025-01-12. 
  20. "The Twilight Singers: From Despair to Where?". The Skinny (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  21. "Pitchfork: Gutter Twins (Dulli and Lanegan) Sign to Sub Pop". web.archive.org. 2008-03-07. Consultado o 2025-01-12. 
  22. Klein, Joshua. "The Gutter Twins: Adorata EP". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  23. Kerr, Dave (2008-02-22). "From down in the dark: The Gutter Twins step into the light". DrownedInSound (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  24. "Gutter Twins' man live album on the way". NME (en inglés). 2008-10-14. Consultado o 2025-01-12. 
  25. "Greg Dulli maps out first ever solo tour". Consequence (en inglés). 2010-07-26. Consultado o 2025-01-12. 
  26. "Afghan Whigs Reunite". Pitchfork. 2009-02-03. Consultado o 2025-01-12. 
  27. Baltin, Steve (2013-10-10). "Afghan Whigs, Church Frontmen Debut New Project". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  28. Grow, Kory (2014-01-27). "Afghan Whigs Plot First LP in 16 Years". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  29. 29,0 29,1 29,2 "Greg Dulli Songs, Albums, Reviews, Bio & More ...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-01-12. 
  30. "The Afghan Whigs' Greg Dulli announces debut solo album Random Desire, shares "Pantomima": Stream". Consequence (en inglés). 2019-12-03. Consultado o 2025-01-12. 
  31. Spera, Keith (2020-07-29). "Greg Dulli can't tour and his New Orleans bars are closed, so he'll livestream a solo show". NOLA.com (en inglés). Consultado o 2025-01-12.